Conferencia a cargo de Luis Álvarez Castelo, médico especialista en cirurxía robótica en uroloxía.
Para público en xeral
09/06/2022
Xa rematou
Ás 19.30 horas
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
CorBi Foundation
As técnicas cirúrxicas experimentaron unha revolución no inicio do novo século. Pasamos da cirurxía aberta ás técnicas minimamente invasivas que benefician as persoas pacientes pola súa moita menor agresividade, ao que se suma o desenvolvemento dos robots cirúrxicos que proporcionan unha mellor visión e maior precisión nas operacións.
O Dr. Luis Álvarez Castelo abordará na súa charla o cambio de ciclo que estas técnicas causaron, comezando cun breve paseo pola historia da cirurxía desde os primeiros pasos da endoscopia aos máis modernos robots que actualmente poboan os nosos quirófanos e que facilitan a vida non só das e dos nosos pacientes senón tamén aos seus cirurxiáns e cirurxiás.
O Dr. Luis Álvarez Castelo é médico especialista en cirurxía robótica en uroloxía, director do Instituto Urolóxico de Tecnoloxía Avanzada.
27/07/2024
Dende o 24/07/2024 ata o 28/07/2024
Dende o 04/07/2024 ata o 28/07/2024
Dende o 20/06/2024 ata o 28/07/2024
Dende o 21/06/2024 ata o 29/07/2024
31/07/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible