Actividades do Día Internacional do Patrimonio Mundial no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón
Infancia, Para público en xeral
16/11/2024
Apertura do prazo de inscrición: mércores 6 de novembro ás 10.00 h
Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña
Todas as actividades son gratuítas con previa inscrición nas ligazóns indicadas en cada unha delas.
Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón, A Coruña
Teléf.: 981 189 850
museo.arqueoloxico@coruna.gal
Todas as actividades son gratuítas e con inscrición previa.
A inscrición será a través das ligazóns indicadas en cada unha das actividades.
As visitas guiadas a través do teléfono: 981 189 850
Apertura do prazo de inscrición: mércores 6 de novembro ás 10.00 h
16 de novembro de 2024
Xornada de portas abertas, das 10.00 ás 19.30 h
1. Visitas guiadas:
Percorrido guiado polo Castelo de San Antón e as distintas seccións do Museo Arqueolóxico e Histórico, para coñecer o seu contido e a súa historia.
Horas: 12.00 e 17.00 h
Duración aprox.: 1 h e 15 min
Público: adulto
Prazas: 25
Reserva no teléfono: 981 189 850 (de martes a sábado das 10.00 ás 19.30 h)
2. Taller infantil:
2.1. MELODÍAS DA ANTIGÜIDADE
Algunha vez paraches a pensar cales foron os primeiros instrumentos musicais?, ou cando empezamos a cantar? Resolveremos estas cuestións durante o transcurso desta actividade, na que nos somerxeremos no mundo da música, para descubrir os sons, as formas e os materiais dos instrumentos que empregaban as xentes do pasado. Por último, decoraremos unha zoadeira empregando ferramentas dos nosos antepasados.
Hora: 11.45 h
Duración aprox.: 1 h e 30 min
Público: de 6 a 12 anos
Prazas: 20
Reserva na seguinte ligazón: https://ticketing.coruna.gal/arq/infantil/
2. Taller para persoas adultas:
2.2. ONDAS SONORAS
Faremos unha aproximación ao mundo musical na antigüidade a través dos vestixios arqueolóxicos e de réplicas de instrumentos do pasado. Falaremos dos primeiros instrumentos, da súa fabricación e dos materiais empregados, así como da importancia da socialización coa música desde a Prehistoria. Por último, experimentaremos coa nosa creatividade para decorar unha zoadeira.
Hora: 18.00 h.
Duración aprox.: 1 h e 30 min
Público: adulto
Prazas: 15
Reserva na seguinte ligazón: https://ticketing.coruna.gal/arq/1453871787022-3/
11/11/2024
Dende o 07/11/2024 ata o 11/11/2024
Require inscrición
Dende o 11/11/2024 ata o 15/11/2024
Dende o 04/11/2024 ata o 09/11/2024
Inscrición en liña
Dende o 11/11/2024 ata o 15/11/2024
Dende o 04/11/2024 ata o 09/11/2024
Inscrición en liña
Dende o 11/11/2024 ata o 15/11/2024
Dende o 04/11/2024 ata o 08/11/2024
Dende o 12/08/2024 ata o 08/01/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible