Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?

Día internacional dos monumentos e sitios históricos 2025 Museo arqueolóxico e histórico Castelo de San Antón.

O sábado 26 de abril celebraremos o Día Internacional dos Monumentos e Sitios Históricos. Teremos xornada de portas abertas no Museo de San Antón, un xogo de pistas infantil e visitas guiadas ao Museo e ao Castro de Elviña.

A quen vai dirixido:

Familias, Infancia

Cando:

26/04/2025

Enderezo:

Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2, Bloque A. 15001 A Coruña

1. Xogo de pistas: Os recunchos do Castelo

Percorrido dinámico polo Castelo no que descubriremos os espazos e elementos arquitectónicos máis peculiares deste monumento. A través dun xogo de pistas e da resolución grupal de diferentes quebracabezas, a cativada resolverá os enigmas propostos. Para finalizar deixaremos voar a imaxinación para debuxar o noso propio Castelo e interpretar unha torre de vixilancia.

Sábado 26 ás 11.45 h.

Duración aproximada: 1 h e 30 m.

Público: 6 - 12 anos.

Prazas: 20

Reserva previa no seguinte enlace: https://ticketing.coruna.gal/arq/diamonumentos-2025/

Apertura de prazo de inscrición: 16 de abril ás 10.00 h.

2. Visitas guiadas ao Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón.

Sábado 26 ás 12 e 17 h.

Duración aproximada: 1 h e 15 m.

Público: adulto

Prazas: 25 cada sesión

Reserva previa no teléfono do Museo: 981189850

Apertura de prazo de inscrición: 16 de abril ás 10.00 h.

3. Visita guiada ao Castro de Elviña

Domingo 27 ás 12 h.

Duración aproximada: 1 h e 30 m.

Público: adulto

Prazas: 25

Reserva previa no teléfono do Museo: 981189850

Apertura de prazo de inscrición: 16 de abril ás 10.00 h

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible