O escritor e activista LGTBQI+, de orixe galega, estará na Biblioteca Ágora no marco do festival Corufest 2020
+14 anos
Xuvenil, Persoas adultas
08/10/2020
Xa rematou
Dende o 01/10/2020 ata o 08/10/2020
Capacidade limitada. Require inscrición
18h
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
25
Autor de libros como Irrepetible, Las alegrías ou o recentísimo Fuerte, o escritor e activista pola igualdade será entrevistado por Pablo Otero, integrante do club de lectura LGTB QUEERuña, primeiro e único en Galicia desta temática e que se organiza na Rede de bibliotecas desde o ano 2016.
Roy é un dos dezaseis homes entrevistados pola xornalista feminista Nuria Coronado para o seu libro Hombres por la igualdad, que está dispoñible no catálogo das bibliotecas, igual que están todos os libros do autor.
O encontro, que ten a capacidade limitada, require inscrición previa. Facilitaremos o teu enderezo electrónico á organización do festival, que contactará contigo para a valoración do festival e da propia actividade, así como para a difusión de edicións posteriores do festival.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible