Son moi numerosos os traballos académicos que falan sobre a importancia de que as bibliotecas públicas poñan a disposición do público materiais que visibilicen as opcións sexuais non heteronormativas, ou LGTBI (lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais), para, por un lado, contribuír á súa normalización e, polo outro, loitar contra a LGTBIfobia brindando a oportunidade de achegarse a esta temática ao público que, a priori, poida ser reacio.
As municipais entenden
As bibliotecas propuxémonos, no ano 2012, impulsar a presencia de materiais LGTBI e, ao tempo, darlle un tratamento especial aos materiais dos que xa dispoñíamos. Estes materiais reúnense seguindo varios criterios:
En definitiva, destacar o que Gonzalo Hermo denomina "escrita queer" que é aquela que pretende desestabilizar o discurso heteropatriarcal.
O blog e club de lectura LGTB
A iniciativa abarca todo o traballo puramente bibliotecario (desde a selección dos fondos ata a súa adquisición e posta a disposición do público), pero tamén todo aqueloutro de difusión dos materiais e organización de actividades vinculadas, como a posta en marcha do que é o primeiro club de lectura LGTB de Galicia, o Club de lectura QUEERuña que conta, ademais, cun blog para a difusión dos encontros e dos materiais que len e comparten.
Os materiais LGTB
No catálogo en liña podes recuperar todos estes materiais lanzando unha busca coas siglas "LGTB". Combinando este termo con outros coma "homosexualidade" ou "lesbianismo" podes perfilar aínda máis os resultados. Se che interesa filtrar por formato, combínao con termos coma "novelas", "cómics", "dicionarios", "contos", "guías", etc.
Unha aposta decidida
...que vai máis aló dos materiais. Tamén está presente na facilitación de trámites que ás veces non son ou foron doados, coma o cambio de nome e/ou xénero que se pode efectuar con facilitade cubrindo, asinando e entregando unha solicitude en calquera das nosas bibliotecas (se es menor de 16 anos, terán que asinala tamén as persoas que teñan a titoría legal).
Tecendo rede a prol da diversidade
A aposta das bibliotecas pola visibilidade e normalización do colectivo LGTB+ reflíctese tamén nas numerosas colaboracións que desenvolvemos con outros actores sociais. Exemplos:
- Club de lectura Queeruña: abrimos un novo grupo de lectura en colaboración coa asociación LES Coruña.
- Proxecto Bibliodiversidade: as bibliotecas como axentes para educar na diversidade afectivo-sexual. Este proxecto nace do CEXeF, o Centro de Estudos de Xénero e Feministas da Universidade da Coruña. En gran parte inspirado polas iniciativas das bibliotecas municipais da cidade, a prol da oferta e divulgación de material que representa a diversidade afectiva-sexual, este proxecto ten o obxectivo principal de promover o uso destes recursos como ferramenta didáctica nas aulas. Levouse a cabo entre setembro e decembro de 2021, e ao pé desta páxina podes atopar a guía resultante do traballo.
- Festival CoruFest: nas nosas bibliotecas albergamos encontros relacionados coa literatura comprometida co colectivo LGTB+ no marco do Festival CoruFest, que cumpriu a súa quinta edición en 2022 e que reivindica a diversidade e a igualdade.
- Festival Atlantic Pride: o club de lectura QUEERuña colaborou na posta en marcha do I Certame de Literatura LGTBI+ do festival.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible