Bando emitido en 1895
Os bandos son disposicións ou mandatos que se fan públicos, orixinariamente, de modo oral, por orde superior, especialmente militar ou dun alcalde.
A través destes bandos, as autoridades dirixíanse, publicamente, á cidadanía para anunciar acontecementos, lembrar as normas de obrigado cumprimento, convocar a determinados eventos ou facer recomendacións para a boa convivencia cidadá.
A Biblioteca de Estudos Locais da Coruña conserva unha colección deste tipo de publicacións que contén algo máis de 100 bandos emitidos, todos eles, na nosa cidade.
Abarca o período comprendido entre 1821 e 1949, época convulsa na que se padeceron guerras e epidemias pero na que, tamén, houbo festas, visitas reais, bailes e tempadas de baños.
Bando emitido en 1944
Os temas son moi variados e van dándonos pautas sobre a normativa e a vida na cidade desa época. Algúns deles son:
Bando emitido en 1872
A súa lectura retrotráenos a un tempo afastado do noso no que, salvando as distancias, eran actualidade temas que hoxe seguen vixentes e permítennos coñecer os pasos que se deron para que a cidade e as súas xentes, as que coñecemos agora, sexan o que son.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible