Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Colección de tarxetas publicitarias

Detalle dunha peza da colección

A colección de tarxetas publicitarias ou anunciadoras, como aparece nalgunhas delas, consta de máis de 100 unidades sempre relacionadas coa Coruña. Abarcan un período comprendido entre finais do século XIX e mediados do XX.

Está composta na súa maioría por tarxetas pensadas exclusivamente para publicidade, aínda que unha terceira parte, aproximadamente, son tarxetas postais que trataban de aproveitar que a súa utilización como cartas tivese maior interese para o público á vez que a propaganda traspasaba os límites da cidade.

Detalle dunha peza

Cada unha delas reúne unha serie de achegas: imaxe, texto impreso e, no caso das tarxetas postais, ademais: texto manuscrito, datos de correo postal, selo, cuño.

Todos estes aspectos permítennos sacar conclusións sobre a súa adaptación ás tendencias estilísticas do momento en canto ao seu deseño, aos avances técnicos nas artes gráficas, os/as artistas, editores, impresores, á evolución do formato oficial das tarxetas postais... Ademais contribúen ao coñecemento da historia socioeconómica ao ofrecernos datos como tipoloxía e variedade de establecementos, artigos que se ofrecen, prezos, zonas de concentración da actividade económica, nivel de desenvolvemento, moda, costumes etc.

A publicidade, que ata a última década do século XIX baseábase en estratexias literarias ao incorporar a imaxe como reclamo, móstranos a través de fotografías ou debuxos o aspecto que tiñan comercios, cafés hoteis, restaurantes, salóns de cinema, bancos e demais establecementos da cidade.

A súa observación provoca a curiosidade nos máis novos ao permitirlles comprobar a través de imaxes e datos como era a vida na cidade noutros tempos; nos maiores, talvez o afán por recoñecer e lembrar lugares e momentos, sexa o que motive que as postais xunto coas fotografías actúe como un verdadeiro imán.

Tamén che pode interesar

Publicación relacionada

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión