Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Día da Biblioteca 2023

Imaxe do Día das Bibliotecas 2023

As Bibliotecas Municipais da Coruña conmemorarán o próximo 24 de outubro o Día Internacional da Biblioteca sumándose á iniciativa do Ministerio de Cultura baixo o lema "Tecendo comunidades" que pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Estas institucións son centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen a cidadanía.

«As malas bibliotecas só constrúen coleccións. As boas bibliotecas constrúen servizos (e unha colección é só unha de moitas). As grandes bibliotecas constrúen comunidades«. David Lankes

O Día das Bibliotecas pon en valor o traballo que realizan todas as bibliotecas para conectar as súas persoas usuarias, crear redes de apoio e colaboración, fomentar a participación e o diálogo cidadán, facer accesible a cultura e o coñecemento a toda a poboación, independentemente da súa idade, xénero, raza ou lugar de residencia.

"Tecendo comunidades" salienta esta importante función social das bibliotecas. Elas dan forma á nosa comprensión colectiva, facilitan o intercambio de ideas diferentes e proporcionan un espazo seguro para o crecemento persoal e colectivo. Cada visita, cada lectura, cada conversa, achega o seu fío único a este tecido comunitario. A través destes intercambios e conexións, as nosas diferenzas e similitudes únense, mostrando a diversidade e riqueza das nosas comunidades.

As Bibliotecas Municipais da Coruña conmemoramos o noso día dando visibilidade ao noso traballo, informando do que ofrecemos nas bibliotecas da rede con servizos e actividades que coidan da xente e celebrando o noso día con varias actividades.

  • As bibliotecas non só prestamos libros e somos aptas para todos os públicos.
  • Somos lugares de aprendizaxe.
  • Ofrecemos recursos gratuítos.
  • Facilitamos o acceso ao mundo dixital.
  • Contamos con espazos para sentirse como na casa.
  • Cremos na importancia dos autocoidados.
  • Creamos identidade sendo a memoria da cidade.

Cidadanía e servizos protagonizarán unha efeméride coa que pretendemos visibilizar o imprescindible lugar que ocupan no cotián da comunidade tal e como se desprende dos diversos testemuños que nos fixeron chegar.

Así celebramos o Día da Biblioteca

Preparamos unha variedade de actividades para celebrar o noso día contigo:

Mostra "Comunidades que un día foron..."

Comunidades que un día foron... perseguidas, destacadas, conflitivas, discriminadas ou incomprendidas. Selección de libros dispoñible para consultar e levar en préstamo na Biblioteca Ágora.

Buscar en Flickr

Mostra: Aptas_para_todos_os_públicos

Selección de libros, lectura, librarías, persoas ás que os libros lles cambiaron a vida e como non... bibliotecas! Dispoñible para consulta e préstamo na Biblioteca Ágora.

Buscar en Flickr

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión