Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Ciencia Pro

Ciencia Pro

A Ciencia é a explicación para todo ou case todo.

Neste centro de interese, queremos dar resposta ás materias STEAM (Science, Technology, Engineering, Art, Mathematics) agrupando libros de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, matemáticas e artes. Tratase de educar na transversalidade e que estas ramas non se traballen de xeito illado, senón de maneira interdisciplinar. O modelo STEAM replica os modos nos que se desenrola a ciencia: fai preguntas, examina, indaga, experimenta, plantexa hipóteses e verifica as respostas.

Do que se trata é de provocar de maneira intencionada procesos de investigación científica para a aprendizaxe conxunta de novos conceptos de Matemáticas, Ciencias e Tecnoloxía dentro dun proceso práctico de deseño e resolución de problemas, tal e como se fai en Enxeñaría no mundo real.

A quen se dirixe?

A rapazas e rapaces entre 9 e 14 anos con inquedanzas polo coñecemento e funcionamento das cousas. O principal obxectivo é o de impulsar as capacidades das rapazas e rapaces nas cinco disciplinas de maneira integrada.

Este tipo de método permite ás nenas e nenos explorar e comprender o mundo que lles rodea e desenvolver as competencias lingüística, colaborativa e imaxinativa, habilidades esenciais

A aplicación do método STEAM demostra que aumenta o interese en Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría, e Matemáticas, xa que involucra a quen o utiliza na solución de problemas, traballo en equipo, e a construir solucións reais e tanxibles.

Obxectivos

  • Mostrar a biblioteca como centro de apoio ao sistema educativo.
  • Contribuir ao acceso igualitario dos recursos educativos.
  • A biblioteca como parte activa na sociedade atendendo as novas necesidades.

Obxectivos específicos:

  • Eliminación de clichés sociais con respecto á ciencia.
  • Fomentar a igualdade entre nenas e nenos con respecto á ciencia e á tecnoloxía.
  • Apoiar e difundir a labor de científicas e científicos.
  • Compartir actividades e efemérides científicas.
  • Contribuir a visibilizar a importancia das materias STEAM na nosa sociedade.

Que materiais podo atopar

O centro de interese CienciaPro está dividido en catro seccións inspiradas no método científico.

  •  PREGUNTA: Aquí atoparás libros que platexan dúbidas e dan respostas.  
  • EXPERIMENTA: Experimenta, crea, proba, constrúe, comete erros,... neste apartado atoparás grandes libros de inventos e experimentos.
  • VERIFICA: Verificar é de sabios e as respostas están na ciencia, neste apartado atoparás unha selección de libros informativos.
  • NARRATIVA: Incluímos dentro desta categoría, ademáis das obras de ficción, banda deseñada e biografías.

Podes atopar todos os libros deste centro de interese no catálogo en liña. Non esquezas que se o material que queres está noutra biblioteca podes solicitar que cho enviemos á túa para que o leves en préstamo.

Vídeo sobre o centro de interese

CienciaPro en imaxes

CienciaPro

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión