Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Na sala infantil da biblioteca da Sagrada Familia teremos uns eventos que buscan crear conciencia ambiental: EcoLecturas.
Invitámosvos a visitar a gran mostra de libros informativos e contos arredor da conservación da natureza e a ecoloxía, onde exploraremos o asombroso mundo natural que nos rodea e aprenderemos a coidar e protexer o noso fogar: a Terra.
Esta mostra estará apoiada por dúas actividades para dous grupos de idades diferentes:
un contacontos dirixido a rapazas e rapaces de 3 a 7 anos da man de Caxoto co seu espectáculo "Miña terra, meu lar" onde descubriredes a importancia de reducir, reciclar e reutilizar,
unhas xornadas para mozas e mozos de 8 a 12 anos, desenvolvido polo Grupo Naturalista Hábitat, no que nun obradoiro elaborarán un caderno de campo artesán, que poñerán en uso, nun roteiro ambiental polo parque de Santa Margarida. Nel descubrirás a biodiversidade da nosa contorna e farán unha retirada activa de lixo.
Preparada/os para unha experiencia chea de aprendizaxe, diversión e amor pola natureza?
Xuntas/os, seremos gardiás/ns comprometidas/os co noso prezado planeta!
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible