Se nos dis o tema que che interesa nós facémosche unha selección de materiais (libros, audiovisuais, etc.) e preparámosche o lote para que o poidas levar en préstamo.
Na selección buscaremos un equilibrio entre a calidade, cantidade e actualidade.
Quen o pode solicitar?
Os centros de ensino ou calquera tipo de centro ou institución poden solicitar o préstamo de lotes temáticos, con obxecto de apoiar o labor docente, o desenvolvemento dun proxecto ou actividade, etc.
Que documentos inclúen os lotes?
Calquera documento para préstamo dispoñible na Rede municipal de bibliotecas, tanto libros como material audiovisual se así o solicitas.
Como se fai unha petición?
Cubre o formulario de solicitude.
Para poder realizar o préstamo terás que ter un carné de entidade. Se aínda non o tes podes pedilo aquí, elixindo a opción "Entidade".
Cales son os tempos de resposta?
Unha vez recibida a solicitude, no prazo máximo de 2 a 3 días hábiles, a biblioteca poñerase en contacto coa persoa solicitante para proporcionar unha resposta.
Se tes algunha dúbida sobre o funcionamento do servizo contacta coa túa biblioteca de referencia. |
Actividades para centros escolares
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible