A formación en liña está orientada sobre todo a mellorar as nosas competencias laborais, e adoita ofertarse por universidades ou institucións de todo o mundo. Este tipo de cursos pode clasificarse en MOOC (cursos en liña abertos e gratuítos, sen límite de participantes), NOOC (similares aos MOOC pero cunha duración de entre 1 e 20 horas) e SPOC (orientados a unha comunidade educativa máis pechada).
Podes comezar investigando nesta páxina, onde podes filtrar cursos por idioma e materia.
E a continuación compartimos unha pequena selección onde seguro atoparás cursos gratuítos do teu interese.
Principais plataformas para a autoformacion
Coursera conta con máis de 2.000 cursos (tanto gratuítos como de pago), en diferentes idiomas e de moitas temáticas diferentes: desenvolvemento persoal, negocios, ciencia, humanidades, informática...
MIRÍADAX (apoiada por universidades e institucións iberoamericanas): conta con case 600 cursos sobre saúde, belas artes, redes sociais, comunicación... nos que se inclúen distintos tipos de actividades.
Aprender Gratis é unha plataforma que recompila máis de 2000 cursos, tutoriais, guías e manuais gratuítos dunha gran variedade de temas: desde arquitectura a técnicas de estudo ou manexo da tensión.
UNED oferta cursos moi variados. idiomas, obradoiros de escritura, traballo social, alfabetización informacional...
No Ministerio de Educación na súa páxina de Aula Mentor atopamos unha oferta moi variada : ademais dos habituais de informática, negocios ou idiomas, hai outros como Historia da arte, padronaxe e para costura, xardinaxe ou restauración de obxectos antigos. Neste caso moitos deles teñen un custo mensual, pero puntualmente lanzan unha convocatoria de cursos gratuítos.
Para quen queira mellorar mellorar os seus coñecementos profesionais FUNDAE (Fundación Estatal para a formación no emprego) ofrece cursos gratuítos de formación profesional para o emprego con prácticas profesionais.
Fórmate tamén está orientado a traballadores en activo ou no paro.
Plataformas para mellorar a lingua galega e as novas tecnoloxías
Queres aproveitar para mellorar o teu nivel de galego? A Xunta de Galicia ofréceche facelo e obter o CELGA e podes estudalo co obxectivo de obter o teu certificado tras un exame pero tamén simplemente polo pracer de aprender (na sección de autoaprendizaxe).
Plataformas para sacar o teu lado máis creativo
Certificados, insignias, diplomas...
A oferta é moi ampla e podes atopar cursos para todos os gustos e de todos os prezos. A gratuidade dos cursos adoita implicar que o feito de superalos non outorga ningún tipo de certificado ou diploma oficial máis alá dunha insignia dixital (para identificar progresos e logros e motivar ao estudantado), aínda que se o necesitas ou desexas, podes optar a conseguir o devandito certificado logo do pagamento previo.
Se o que buscas é aprender, mellorar a túa formación, abrirte a outros campos de coñecemento e satisfacer a túa curiosidade intelectual, estás no lugar axeitado para comezar.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible