Xestiona os teus contrasinais desde casa ou desde os catálogos dispoñibles ao público das nosas bibliotecas
Usando o teu número de carné e un contrasinal persoal, poderás acceder a un espazo persoal do noso catálogo denominado "A miña biblioteca".
Accedendo como usuario identificado poderás, entre outras cousas, consultar a túa información persoal e os teus préstamos, así como renovar o prazo deses préstamos sempre que sexa posible.
Para identificarte, deberás introducir dous datos: o número de tu carné da biblioteca (con seis díxitos), e un contrasinal proporcionado nalgunha das nosas bibliotecas.
Se non che proporcionamos aínda ese contrasinal ou o descoñeces/esquecíchelo, debes pasar en persoa por calquera das biblios e solicitala de novo. Este trámite, que é instantáneo, require da túa presenza porque é o único xeito que temos de asegurarnos de entregarche os datos de forma segura.
Se desexas cambiar o contrasinal en calquera intre, podes facelo, tras identificarte, picando na sección "Xestión da conta" de "A miña biblioteca". Aí atoparás o apartado "Password", onde se che permitirá modificar a túa clave de acceso logo de premer na icona correspondente, que aparece á dereita do texto.
Recomendámosche que, por seguridade, tras identificarte pola vez primeira, cambies o contrasinal, e que probes a modificalo un par de veces ao ano.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible