Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Bibliotecas Municipais

coruna.gal

Solicitude de espazos

Aula 2 da Biblioteca Ágora

Aula 2 da Biblioteca Ágora

Aulas para actividades e traballos en grupo (só na Biblioteca Ágora)

Porque procuramos satisfacer as túas necesidades, poñemos á túa disposición aulas que podes reservar para os teus traballos en grupo.

A Biblioteca Municipal Ágora conta con 4 aulas que se prestan a grupos de entre 3 e 15 persoas:

  • 2 aulas con capacidade para máximo 4 persoas
  • 2 para grupos dun máximo de 15 persoas que só se poden reservar os sábados

Como solicitalas?

As aulas con capacidade para 3 ou 4 persoas podes solicitalas de varias maneiras: presencialmente na biblioteca, por teléfono ou a través do formulario. En todos os casos, a biblioteca debe confirmarche a súa dispoñibilidade antes de que poidas usala.

As aulas para grupos dun máximo de 15 persoas é necesario solicitalas presencialmente na biblioteca ou a través do formulario, e o día de uso do espazo asinarase a aceptación das condicións de uso.

Non é conveniente que fagas a túa solicitude no mesmo día en que queres utilizar a aula: ten en conta que se coincide con algunha actividade programada pola biblioteca, esta sempre prevalecerá sobre as demandas dos usuarios e usuarias.

Enviar unha solicitude

Aulas de informática (varias bibliotecas)

Nas bibliotecas municipais: Ágora (na actualidade pechada por obras de acondicionamento), Castrillón, Fórum Metropolitano, Monte Alto, Os Rosales e Sagrada Familia dispoñemos de aulas de informática nas que realizamos os cursos de informática e tecnoloxía (ver Formación en competencias dixitais ). Ademais, se representas a unha asociación, ONG,... e necesitas un espazo para levar a cabo unha acción formativa, non dubides en pedírnola!

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible