Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Aprendizaxe de idiomas

imaxes de speak up

O centro de interese de aprendizaxe de idiomas, que podes atopar en todas as bibliotecas, reúne materiais en distintos idiomas e soportes que constitúen un auténtico apoio para a autoaprendizaxe e a práctica dun idioma estranxeiro.

Se estás interesado na aprendizaxe de idiomas non o dubides e achégate á túa biblioteca. Consultando estes materiais poderás:

Iniciarte nunha lingua

Os dicionarios e gramáticas son fundamentais para a aprendizaxe de calquera lingua. Se te estás iniciando no inglés, serache útil a colección Speak up.

No catálogo podes localizar os dicionarios e gramáticas dun idioma concreto realizando unha procura que combine os termos "dicionarios" ou "gramáticas" no campo materia, co nome do idioma que che interese: utiliza os termos "dicionarios lingua chinesa" para localizar todos os exemplares de dicionarios de chinés.

Lembra que se o material que che interesa está noutra biblioteca podes solicitar que cho enviemos á túa para que o leves en préstamo .

Mellorar o coñecemento dunha lingua

Os métodos de aprendizaxe son moi útiles para a preparación dos exames oficiais e para mellorar a pronuncia e a fonética nun idioma. No catálogo podes localizar os métodos de aprendizaxe dun idioma concreto realizando unha procura que combine no campo materia o termo "métodos" co nome do idioma que che interese, por exemplo "metodos lingua inglesa".

Visionar películas en versión orixinal con subtítulos axudaranche a mellorar a túa comprensión oral dun idioma e tamén a súa pronuncia. Para localizar as películas con idiomas e/ou subtítulos nun idioma concreto, realiza unha procura que combine os termos "idiomas" e/ou "subtitulos" co idioma do teu interese, por exemplo: "subtítulos húngaro". Tamén podes facer uso do servizo de visionado na propia biblioteca.

Lembra que se o material que che interesa está noutra biblioteca podes solicitar que cho enviemos á túa para que o leves en préstamo. No caso dos audiovisuais, realizamos o seu reserva pero non enviamos o material a outras bibliotecas.

Ler noutros idiomas

Se o que queres é ler noutras linguas, dispós de moitas novelas en versión orixinal. Para localizalas no catálogo, só tes que lanzar unha procura no campo materia cos termos "literatura anglosaxoa", "literatura francesa" etc.

Outra opción son as lecturas adaptadas que podes localizar engadindo á procura anterior o termo "adaptacións".

Practicar un idioma

Nas bibliotecas tamén podes practicar inglés, francés ou alemán cos grupos de conversa de Coa lingua de fóra.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión