Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Visitas escolares

Tipo de actividade:

Programas de colaboración con centros escolares

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 4º, 5 e 6º de Educación Infantil e de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria de centros educativos do municipio.

REQUIRE INSCRICIÓN

Prazo de solicitude xeral: do 16 de outubro ao 16 de novembro.

EN QUÉ COSISTEN AS VISITAS ESCOLARES?

Visitas dirixidas ao segundo ciclo de Educación Infantil e a todos os niveis de Educación Primaria.

PERIODICIDADE:

De xaneiro a maio.

Contidos das visitas

Tanto no ciclo de Educación Infantil como en cada un dos tres ciclos de Educación Primaria os contidos que se abordarán serán os seguintes:

a) A ficción nas súas diferentes formas de gozala (lectura, narración, declamación, observación...) e xéneros (contos tradicionais, de autor/a, álbums, poesía...)

b) A ilustración como recurso informativo, interpretativo e que proporciona experiencias sensoriais e estéticas.

c) Os libros e recursos informativos como recurso básico para desenvolver o desexo de aprender, ampliar intereses, comprender a organización, estrutura e presentación da información: temas, organización dos textos, procuras...

Duración das visitas

Como norma xeral a duración estimada das visitas non excederá as 2 horas. En función da visita adxudicada comunicarase a duración exacta.

Centros onde se oferta

As Bibliotecas Municipais que acollerán visitas escolares son:

  • Biblioteca Ágora (máximo 20 visitas)
  • Biblioteca Castrillón (máximo 20 visitas)
  • Biblioteca Fórum Metropolitano (máximo 20 visitas)
  • Biblioteca Municipal Durán Loriga (máximo 20 visitas)
  • Biblioteca Monte Alto (máximo 20 visitas)
  • Biblioteca Os Rosales (máximo 30 visitas)
  • Biblioteca Sagrada Familia (máximo 20 visitas)

Condicións do programa

1. Unha vez asignada a visita, o profesorado comprométese a manter coa biblioteca os contactos necesarios para a súa preparación e a realizar co seu alumnado, no centro escolar, as actividades previas que se especifiquen para cada visita. Estes contactos serán entre a bibliotecaria municipal da biblioteca asignada e a persoa que vaia a acompañar ao alumnado á visita. Se despois de realizada a reunión inicial de preparación, producísese algún cambio con respecto á persoa acompañante, o centro deberá comunicalo á biblioteca e a nova persoa acompañante deberá poñerse en contacto coa súa bibliotecaria de referencia para recibir as explicacións necesarias que garantan o mellor aproveitamento da actividade.

2. Coa finalidade de poder avaliar e mellorar o programa, o profesorado deberá cumprimentar unha enquisa ao finalizar a visita.

3. A participación na visita inclúe a necesidade dunha actividade previa que o profesorado deberá realizar coas súas alumnas e alumnos na biblioteca escolar do centro. Unha vez asignada a visita, a bibliotecaria municipal comunicaralle ao mestre ou mestra o tipo de acción a realizar. Serán propostas sinxelas como:

  • unha procura de libros sobre unha determinada temática que deberán traer á biblioteca e presentalos o día da visita.
  • a realización dun vídeo sinxelo, unha fotografía, unha breve presentación, unha carta etc. na que se presente a biblioteca escolar ou se destaque algún aspecto singular da mesma: mobiliario, actividades, espazos, organización etc.

4. As bibliotecas realizarán un número máximo de visitas por curso escolar. No caso de que o número de solicitudes sexa superior ao número de visitas ofertadas, a biblioteca valorará que solicitudes serán finalmente aceptadas atendendo aos seguintes criterios:

  • dar cobertura aos seus centros escolares de referencia de maneira prioritaria.
  • buscar un equilibrio entre o número de visitas solicitadas e o número de centros escolares que realizan a demanda.
  • satisfacer a demanda das solicitudes dos diferentes niveis (EI e EP) de xeito equilibrado.

5. Para a aceptación das solicitudes terase tamén en conta se en cursos anteriores os centros escolares respectaron os compromisos recollidos nos puntos 1 e 2.

6. As visitas asignaranse por  Bibliotecas de referencia para os centros escolares

7. Unha vez presentada a solicitude, calquera aclaración ou información solicitarase á coordinadora do Programa de Visitas no Servizo Municipal de Bibliotecas:

  • Elena Pernas Lázaro
  • Correo-e: e.pernas@coruna.gal
  • Tlf. 981184384

8. Unha vez asignada a visita a unha Biblioteca determinada, os contactos serán coa persoa responsable do servizo ás escolas desa biblioteca.

9. O transporte, se for necesario, correrá a cargo do centro educativo.

Inscricións

A oferta anual destas visitas realízase a través do Programa Coruña Educa que xestiona o Servizo Municipal de Educación. Cada mes de setembro publícase a convocatoria e ábrese o prazo para que os centros poidan realizar as solicitudes para o curso escolar vixente.

Para solicitar unha visita debese cubrir a ficha de inscrición.

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión