Mulleres coruñesas na historia reivindica o legado de mulleres coruñesas cuxa traxectoria merece ser coñecida e valorada. A través de biografías, recursos multimedia, e os materiais conservados na Biblioteca de Estudos Locais, convidámoste a descubrir as súas vidas e achegas, fundamentais para comprender a historia da nosa cidade e da sociedade.
Mulleres coruñesas na historia é unha iniciativa que nace co obxectivo de dar visibilidade ás mulleres que, desde diferentes ámbitos, contribuíron a enriquecer o patrimonio cultural, artístico, social e político da Coruña. Moitas delas, a pesar da súa importancia, quedaron relegadas a un segundo plano na memoria colectiva.
Este espazo virtual reúne breves biografías acompañadas de recursos exclusivos, como vídeos elaborados pola Biblioteca de Estudos Locais, para achegar ao público a historia destas figuras. Desde artistas e intelectuais ata activistas e pioneiras nos seus campos, cada perfil é unha oportunidade para coñecer e recoñecer ás mulleres que axudaron a moldear a nosa historia.
O proxecto está en constante crecemento, co propósito de incorporar novas biografías e enriquecer a nosa visión sobre o papel das mulleres na sociedade coruñesa ao longo do tempo. Convidámoste a mergullarte neste percorrido pola memoria local e a descubrir as historias que nos conectan coas raíces e a esencia da nosa cidade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible