Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Bibliotecas Municipais

coruna.gal

Ciclo temático Atemporal: a biblioteca está de moda

Ciclo Atemporal: a biblioteca está de moda

Do 1 de abril ao 15 de xuño

"Atemporal: a biblioteca está de moda" é o novo Ciclo Temático do segundo trimestre do ano 2025 na Biblioteca Fórum Metropolitano. Abordaremos o tema de que a moda é moito máis que roupa: é cultura, identidade e tamén un reflexo da sociedade. Neste novo ciclo temático exploramos o seu simbolismo na literatura, no cine e na nosa vida cotiá.

Un fondo de armario literario

Como inflúe o vestiario na nosa cultura? Que papel xoga na literatura e no cine? Desde a capa dun detective ata os zapatos de Dorothy, a moda axuda a contar historias e a definir personaxes inesquecibles. A través dunha selección especial de libros e materiais audiovisuais, mergullarémonos no seu significado máis alá das pasarelas. A asociación que fai a nosa mente ante unha lupa ou unhas botas xigantes teñen moito que ver cos libros presentes nas nosas vidas dende moi pequenos. Por eso esta mostra e obradoiros como recoñecemento ao vestir que non é so escorrentar o frío senón que mostra de onde vimos ou a onde imos.

️Moda e impacto ambiental

Tamén reflexionaremos sobre o lado menos visible da moda: a súa pegada no medio ambiente. O consumismo acelerado, o fast fashion e a produción masiva teñen consecuencias. A través de mostras e obradoiros, abordaremos o impacto do consumo responsable e exploraremos alternativas máis sostibles.

Moda na gran pantalla

Os cines do Fórum Metropolitano únense ao ciclo cunha selección de películas que exploran o mundo da moda desde distintas perspectivas.

Queredes facer da vosa capa un saio?

Esperámosvos na biblioteca do Fórum Metropolitano entre abril e xuño para descubrir unha morea de libros, películas e actividades que poñen a moda en contexto.

Porque vestir non é só abrigarse, senón tamén contar quen somos.

Actividades do ciclo:

Lembra que as inscricións nos obradoiros comeza unha semana antes da data de celebración.

09/04: Obradoiro: Únete á revolución pacifista: customiza!

07/05: Obradoiro: Descubrindo a moda a través da pintura

14/05: Charla: Moda e vangardas contemporáneas

Galería de imáxes da mostra bibliográfica

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible