Charlas e debates
Para público en xeral
14/05/2025
Acceso libre até completar capacidade
De 19.00 h. a 20.00 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
Actividade enmarcada dentro do Ciclo Temático "Atemporal: a biblioteca está de moda"
O mércores 14 de maio ás 19 h., na Biblioteca Fórum Metropolitano, temos a charla "Moda e vangardas contemporáneas" a cargo de Blanca Paula Rodríguez Garabatos, para público adulto na que se achegará a relación de influencia entre as vangardas artísticas e a moda.
As vangardas históricas contribuíron a que Arte e Moda romperan cos moldes tradicionais e propugnasen unha nova linguaxe expresiva dotando de liberdade aos creadores de ambas disciplinas.
Nesta conferencia, da man de Blanca Rodríguez Garabatos, veremos exemplos de como, entón e agora, os deseñadores buscan novas ideas de creación que satisfagan tanto o desexo de distinción como as ansias de consumo e buscan inspiración na arte e viceversa.
Blanca Paula Rodríguez Garabatos (Santiago de Compostela, 1973).Investigadora e docente en Historia e Historia da arte.
Licenciada en Dereito e en Historia, na especialidade de Historia Contemporánea e Estudos Americanos, pola Universidade de Santiago de Compostela, é doutora en Estudos Literarios pola Universidade da Coruña cunha tese titulada "Moda de la Belle Époque e indumentaria en la obra de Emilia Pardo Bazán".
É autora do libro "Emilia Pardo Bazán y la moda", publicado por Hércules.
Vide descubrir como a moda non é so para salvarnos do clima senón que é tamén é arte, beleza e cultura.
Acceso libre até completar capacidade.
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible