Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Escola de maxia

escola de maxia

Este centro de interese agrupa un conxunto de obras de maxia e do mundo do ilusionismo. Atópase na Biblioteca Ágora.

Créase a partir da doazón da colección de Carlos Mejuto, por parte da Sociedade Coruñesa de Ilusionismo , co obxectivo de poñer esta colección a disposición do público.

A quen se dirixe

Destinado ás persoas que teñan interese nos documentos que fagan referencia ao mundo da maxia e do ilusionismo.

Obxectivos

Este centro de interese xorde como unha colaboración coa Sociedade de Ilusionismo da Coruña coa finalidade de achegar o mundo do ilusionismo e os seus protagonistas ao público das bibliotecas municipais, que en moitas ocasións descoñecen a existencia de moitas das obras e tipos de obras que aquí se atopan.

Que materiais podo atopar

Dado o carácter homoxéneo do centro de interese, óptase por organizar o fondo nas seguintes categorías ou grupos temáticos:

  • Cartomaxia: Maxia con cartas.
  • Escena: Maxia representada para un grupo de persoas, nun salón ou teatro, utilizando obxectos dun tamaño acorde a su visualización neste contexto.
  • Historia: Documentos sobre a historia da maxia.
  • Magos: Vida e técnica dun mago concreto.
  • Mentalismo: Rama do ilusionismo que emprega a suxestión para facer unha ilusión de lectura mental.
  • Micromaxia: Maxia con obxectos de pequeno tamaño, para ser observada moi de preto.
  • Xeral: Para todos aqueles documentos que falan da maxia en xeral ou de varias ramas.
  • Ventriloquía: Tamén poderás atopar uns poucos documentos sobre a arte de falar sen mover os beizos.

Todos os documentos que non precisan unhas condicións específicas de conservación atópanse dispoñibles ao público en sala para o seu préstamo.

Non obstante, hai outras obras que, pola súa antigüidade ou condición física, precisan unhas condicións específicas de conservación: documentos publicados con anterioridade a data de depósito legal, e folletos sen capas e con ilustracións de interese. Todos estes atópanse no depósito da Biblioteca Ágora, dispoñibles para a súa consulta en sala.

Se che interesa esta temática podes atopar todos os libros deste centro de interese no noso catálogo ou mediante esta ligazón.

Escola de maxia : Colección de ilusionismo na Biblioteca Ágora

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión