Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Centro de interese Competencia Dixital

A Biblioteca Durán Loriga conta cun Centro de Interese chamado Competencia Dixital. A súa creación vén da man da idea de complementar o programa BiblioTECH, que vén desenvolvendo esta biblioteca dende 2016. Os materiais que vos ides atopar neste Centro son aqueles vencellados ao que se coñece como STEM: Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas

Obxectivos do centro de interese

  • Promover a competencia dixital dos usuarios
  • Promover a innovación e a creatividade
  • Proporcionar recursos para a formación en competencias dixitais e o aprendizaxe continuo, contribuíndo á ruptura da fenda dixital
  • Capacitar no uso creativo, crítico e seguro das Tecnoloxías da Información e a Comunicación
  • Fomentar a lectura en todo tipo de soportes e para toda clase de públicos

Qué materiais podo atopar

Materiais informativos: Aqueles fondos, independentemente do seu formato, vencellados aos temas do que se coñece como STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñeira e Matemáticas). Isto implica materiais que permitan o desenvolvemento de destrezas relacionadas co acceso a información e seu procesamento e uso para a comunicación, a creación de contidos, a seguridade e a resolución de problema; así como aqueles que axuden a espertar a curiosidade científica e tecnolóxica.

Ficción: Incorpóranse en menor medida as obras de ficción estreitamente vencelladas aos temas anteriores, así como obras que empreguen realidade aumentada, virtual, etc.

Competencia Dixital

Programa Bibliotech

BiblioTECH é un programa formado por unha serie de accións informativas, formativas e eminentemente prácticas que se desenvolven na Biblioteca Durán Loriga e que se centran no uso creativo, crítico e seguro das TIC para acadar obxectivos relacionados co traballo e a empregabilidade, a aprendizaxe continua, o uso do tempo libre e/ou a inclusión e participación cidadá.

O seu formato adoita ser o de talleres ou xornadas divulgativas e vai acompañado dunha colección bibliográfica axeitada e a participación de axentes e especialistas locais, que che axudarán a achegarte ás disciplinas STEM, a robótica ou a programación mediante o uso de tecnoloxía libre e en código aberto.

Tamén che pode interesar

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión