Clubs
Público adulto (+60 anos)
Require inscrición
De outubro a xuño
En qué consiste o club de lectura en voz alta?
Está pensado para persoas maiores (+60 anos). Esta actividade semanal (mércores de 11 a 12 h) consistirá na lectura en voz alta de libros ou parágrafos por parte de todas as persoas participantes, propiciando así o encontro na biblioteca, as ganas de compartir as lecturas propostas pola bibliotecaria coordinadora do club e ir mellorando aos poucos as competencias de lectura.
Como participar
Onde e cando?
Lugar |
Día da semana | Horario | Frecuencia | Prazas |
Biblioteca Municipal Os Rosales | Mércores | 11 horas | Semanal | 10 |
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible