Clubs
Infantil
Require inscrición
Quincenal
En que consisten os clubs infantís?
Os clubs de lectura infantís son eminentemente lúdicos e reúnen un grupo de nenos e nenas con intereses comúns e afección pola lectura.
Neles realizamos lecturas diversas que inclúen temas, obras e coleccións do teu interese. Ademais promocionámosche obras pouco coñecidas, autores/as e literatura que completarán o teu percorrido lector introducíndote a historias, autores/as e temáticas que che resultarán novas.
Como participar
Onde e cando
Día | Lugar | Horario | Idades | Prazas | Frecuencia |
Xoves | Biblioteca Durán Loriga | 18.30 h | 9 a 11 anos | 12 | Quincenal |
Sábados | Punto de servizo de Mesoiro | 11.00 h | 11 a 13 anos | 10 | Quincenal |
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible