Talleres
Infantil
Para nenos e nenas de 9 a 14 anos
09/04/2025
Dende o 02/04/2025 ata o 09/04/2025
Require inscrición
Das 18.30 ás 20.00 h
1,5 h
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
Actividade enmarcada dentro do Ciclo Temático "Atemporal: a biblioteca está de moda"
O mércores 9 de abril ás 18.30 h na Biblioteca Fórum Metropolitano temos o obradoiro "Únete á revolución pacifista: customiza!" impartido por Raquel de Ana Rodríguez (Deriva Cultural), para nenos e nenas de 9 a 14 anos.
Obradoiro enfocado á rapazada cunha parte teórica na que se falará da contaminación e a non xestión dos residuos desta industria. Haberá unha segunda parte na que transformaran unha prenda de roupa dándolle unha segunda vida.
Únete á revolución pacifista: customiza! no Fórum Metropolitano falaremos do impacto ambiental, social e económico que supón o fenómeno da moda fast fashion e o low cost. Poremos en valor a importancia de reutilizar e despregar a nosa creatividade customizando unha prenda de vestir que será aportada pola rapazada.
Deste xeito queremos concienciar a sociedade da importancia de coidar o medio ambiente e de aproveitar os recursos que temos a man. Collede unha prenda que teñades na casa e vide a cambiarlle o estilo para que pareza nova!
*A rapazada aportará unha prenda de vestir para customizar (cazadora, pantalón, camiseta, gorra...)
Actividade con inscrición previa.
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible