Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña
Iniciar sesión

Bibliotecas Municipales

coruna.gal

Mulleres coruñesas na historia

Mulleres coruñesas na historia

Mulleres coruñesas na historia reivindica o legado de mulleres coruñesas cuxa traxectoria merece ser coñecida e valorada. A través de biografías, recursos multimedia, e os materiais conservados na Biblioteca de Estudos Locais,  convidámoste a descubrir as súas vidas e achegas, fundamentais para comprender a historia da nosa cidade e da sociedade.

Mulleres coruñesas na historia é unha iniciativa que nace co obxectivo de dar visibilidade ás mulleres que, desde diferentes ámbitos, contribuíron a enriquecer o patrimonio cultural, artístico, social e político da Coruña. Moitas delas, a pesar da súa importancia, quedaron relegadas a un segundo plano na memoria colectiva.

Este espazo virtual reúne breves biografías acompañadas de recursos exclusivos, como vídeos elaborados pola Biblioteca de Estudos Locais, para achegar ao público a historia destas figuras. Desde artistas e intelectuais ata activistas e pioneiras nos seus campos, cada perfil é unha oportunidade para coñecer e recoñecer ás mulleres que axudaron a moldear a nosa historia.

O proxecto está en constante crecemento, co propósito de incorporar novas biografías e enriquecer a nosa visión sobre o papel das mulleres na sociedade coruñesa ao longo do tempo. Convidámoste a mergullarte neste percorrido pola memoria local e a descubrir as historias que nos conectan coas raíces e a esencia da nosa cidade.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras que deseas buscar

Si lo prefieres, puedes realizar tu búsqueda combinando distintos criterios. Sólo tienes que acceder a la búsqueda avanzada

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible