Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Grupo de conversa en galego

Novo grupo de conversa de galego

Se queres practicar galego nun grupo de conversa dinamizado por unha persoa nativa, esta é a túa actividade.

Este curso a Biblioteca Ágora comeza o programa Coa lingua de fóra , unha proposta dirixida a todas as persoas que desexen mellorar o seu galego oral nun ambiente distendido e de conversa amena. A actividade está pensada para aquelas persoas que queiran atreverse co galego, creando un espazo de intercambio lingüístico e cultural.

Onde e cando:

Na Biblioteca Municipal Ágora os mércores ás 19.00 h.

  • Podes inscribirte na túa biblioteca ou a través da páxina web: Coa lingua de fóra: galego
  • As prazas adxudícanse por rigorosa orde de inscrición

Lecturas de peto en galego:

Para acompañar o inicio deste proxecto, preparamos unha selección especial de libros: Lecturas de Peto con libro en galego. Os libros de peto, polo seu formato compacto, flexible e económico, son ideais para levar a calquera lugar. Nesta mostra, atoparás un total de 25 títulos en galego, perfectos para profundar nos temas que xurdan nas nosas conversas ou simplemente para gozar de boas lecturas que nos acompañen no día a día.

Estes libros manexables e cómodos son unha excelente opción para quen busque lecturas interesantes en galego. E, que mellor maneira de poñer en práctica o que imos falar en Coa Lingua de Fóra que cun bo libro de peto na man? Únete a nós neste estreo cheo de debate, aprendizaxe e curiosidade pola nosa lingua.

Buscar en Flickr

Galería de imaxes da mostra bibliográfica

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión