Novo grupo de conversa de galego
Se queres practicar galego nun grupo de conversa dinamizado por unha persoa nativa, esta é a túa actividade.
Este curso a Biblioteca Ágora comeza o programa Coa lingua de fóra , unha proposta dirixida a todas as persoas que desexen mellorar o seu galego oral nun ambiente distendido e de conversa amena. A actividade está pensada para aquelas persoas que queiran atreverse co galego, creando un espazo de intercambio lingüístico e cultural.
Onde e cando:
Na Biblioteca Municipal Ágora os mércores ás 19.00 h.
Lecturas de peto en galego:
Para acompañar o inicio deste proxecto, preparamos unha selección especial de libros: Lecturas de Peto con libro en galego. Os libros de peto, polo seu formato compacto, flexible e económico, son ideais para levar a calquera lugar. Nesta mostra, atoparás un total de 25 títulos en galego, perfectos para profundar nos temas que xurdan nas nosas conversas ou simplemente para gozar de boas lecturas que nos acompañen no día a día.
Estes libros manexables e cómodos son unha excelente opción para quen busque lecturas interesantes en galego. E, que mellor maneira de poñer en práctica o que imos falar en Coa Lingua de Fóra que cun bo libro de peto na man? Únete a nós neste estreo cheo de debate, aprendizaxe e curiosidade pola nosa lingua.
Galería de imaxes da mostra bibliográfica
También te puede interesar
También te puede interesar
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible