Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Emprego

emprego

No centro de interese sobre Emprego poderás atopar unha selección de obras e recursos que che axudarán tanto a prepararte para un posto concreto como para facilitarche a busca de traballo. Podes atopar este centro de interese nas Bibliotecas Castrillón e Ágora.

Aglutina libros, xornais e material audiovisual que constitúen unha referencia básica para afrontar con éxito a busca de traballo: como comportarse nunha entrevista, como redactar un currículo ou realizar un videocurrículo, que é o networking, como xestionar unha empresa, como preparar unhas oposicións... e moitas temáticas máis relacionadas co emprego.

A quen se dirixe?

  • Persoas interesadas en obter unhas ferramentas chave para a consecución dunhas técnicas que lles permitan optar, con maiores posibilidades, a un posto de traballo.
  • Persoas adultas que se estean preparando para un proceso selectivo e necesiten documentos como manuais de preparación de oposicións, test psicotécnicos ou de lexislación xeral básica. 
  • Traballadores que queiran informarse sobre distintos aspectos da comunicación nunha empresa e formarse nas novas tecnoloxías e o seu uso no traballo: o que denominamos o emprego 2.0.

Obxectivos

  • Contribuír á mellora das posibilidades de inserción laboral da cidadanía, mediante accións de orientación e de formación ao longo da vida.
  • Axudar á adquisición de competencias básicas no uso das tecnoloxías da información e a comunicación.
  • Potenciar a función social da biblioteca, destacando o seu labor educativo e de aprendizaxe permanente.

Que materiais podo atopar

Atendendo ás demandas das usuarias e usuarios contemplamos unha serie de categorías:

  • CURRÍCULO E CARTA DE PRESENTACIÓN: Estes recursos resaltan a importancia do currículo nun proceso de selección, ademais de explicar detalladamente os diferentes tipos que existen e de dar unha serie de consideracións para a súa axeitada elaboración. Tamén atoparás documentos sobre as cartas de presentación e os elevator pitch, menos coñecidos e habituais que os currículos, pero moi útiles nos procesos selectivos.
  • BUSCA DE TRABALLO: Para acceder a calquera posto de traballo habitualmente debemos pasar por un proceso previo de busca. Nesta sección atoparás documentos que che amosen técnicas para conseguir o teu obxectivo, ademais de ofrecerche estratexias preparatorias para a busca. Tamén hai outras obras que che axudarán a preparar unha entrevista de traballo.
  • COMUNICACIÓN: Dentro do mundo laboral e das entrevistas hai un campo fundamental que é a comunicación, verbal e non verbal. Nesta sección poderás atopar recursos para aprender sobre as técnicas mais eficaces para a comunicación, a linguaxe dos xestos, a importancia da mirada, as variacións non lingüísticas da voz...
  • EMPREGO 2.0: Marca persoal, redes sociais, portais de emprego, pegada dixital, networking... Se che interesa afondar nalgún destes campos tamén poderás atopar recursos neste centro de interese. 
  • LEXISLACIÓN E TESTS: Por último tamén podes atopar varios exemplares de lexislación laboral básica, test psicotécnicos e manuais para superalos con éxito e diferentes métodos de estudo que che axudarán na preparación de oposicións e outros exames laborais.

Lembra que se che interesa algún material en concreto podes buscalos no catálogo en liña e, se o que che interesa está noutra biblioteca, podes solicitar que cho enviemos á túa para que o leves en préstamo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión