Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Nova colección de xogos de mesa nas bibliotecas municipais!

xogos na biblioteca

Este novembro, coincidindo co #InternationalGamesMonth, inauguramos unha nova colección de xogos de mesa para todas as idades. Queremos converter a biblioteca nun espazo para xogar en comunidade, desenvolver habilidades, aprender cousas novas e, por suposto, para pasalo ben!

Que atoparedes?

Clásicos como o xadrez e a Oca. Xogos modernos para todas as idades e intereses. Desde xogos en solitario e cooperativos ata xogos de estratexia, de rol, de memoria e moito máis!

Como funcionará?

  • De Novembro e decembro: sesións dirixidas de xogo dinamizadas por especialistas no xogo
  • Días de xogo libre, sen inscrición, para vir cos teus amigos, en familia ou para coñecer novas persoas coas mesmas ganas de xogar. 
  • A partir do 21 de decembro, os xogos estarán dispoñibles para préstamo!

Calendario de actividades nas bibliotecas:

Presentacións: Inscricións abertas na nosa web. Monitores especializados explicarán e dinamizarán 4 xogos en 4 mesas de 4 persoas.

Días de xogo libre:

Un día á semana en cada biblioteca. Sen inscrición previa. Podes acudir en grupo (coa familia, amizades, compañeiros de clase) ou ben coa intención de xogar con outras persoas que se acheguen ese día á biblioteca coa intención de xogar tamén.

De novembro a decembro, de 17.00 a 20.00 h. sen inscrición:

Biblioteca Ágora

15, 22 e 29 de novembro; 5, 13 e 20 de decembro

Biblioteca Durán Loriga

15, 22 e 29 de novembro; 13 e 27 de decembro
Biblioteca Os Rosales

25 de novembro, 2 e 16 de decembro

Biblioteca Forum

20 e 26 de novembro; 3, 10 e 18 de decembro

Días de xogo libre: a partir de decembro:

Biblioteca Ágora

Venres de 17 a 20 h.

Biblioteca Durán Loriga

Venres de 17 a 20 h.
Biblioteca Os Rosales

Sábados de 10.30 a 13.30 h

Biblioteca Forum

Venres de 17.00 a 20.00 h

Non perdas esta oportunidade para redescubrir o valor dos espazos públicos de maneira inclusiva, creativa e divertida. Todas as idades son benvidas. Ven xogar connosco!

Toda a información sobre o novo servizo de Xogos de mesa na Biblioteca.

IGM

International Games Month

A International Games Month at your Library, "Mes Internacional do Xogo na Biblioteca", é unha iniciativa internacional promovida porla ALA, American Library Association.

Como fixemos outros anos, sumámonos a esta iniciativa na que bibliotecas de todo o mundo promoven a presenza do xogo nas bibliotecas. 

Nesta ocasión, as Bibliotecas de Ágora, Durán Loriga, Fórum Metropolitano e Os Rosales ofrécenche estas iniciativas nas que se destaca o valor educativo, recreativo e social dos xogos.

Ven xogar á biblioteca

5 resultados

ver máis

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión