Este novembro, coincidindo co #InternationalGamesMonth, inauguramos unha nova colección de xogos de mesa para todas as idades. Queremos converter a biblioteca nun espazo para xogar en comunidade, desenvolver habilidades, aprender cousas novas e, por suposto, para pasalo ben!
Que atoparedes?
Clásicos como o xadrez e a Oca. Xogos modernos para todas as idades e intereses. Desde xogos en solitario e cooperativos ata xogos de estratexia, de rol, de memoria e moito máis!
Como funcionará?
Calendario de actividades nas bibliotecas:
Presentacións: Inscricións abertas na nosa web. Monitores especializados explicarán e dinamizarán 4 xogos en 4 mesas de 4 persoas.
Días de xogo libre:
Un día á semana en cada biblioteca. Sen inscrición previa. Podes acudir en grupo (coa familia, amizades, compañeiros de clase) ou ben coa intención de xogar con outras persoas que se acheguen ese día á biblioteca coa intención de xogar tamén.
De novembro a decembro, de 17.00 a 20.00 h. sen inscrición:
Biblioteca Ágora |
15, 22 e 29 de novembro; 5, 13 e 20 de decembro |
Biblioteca Durán Loriga |
15, 22 e 29 de novembro; 13 e 27 de decembro |
Biblioteca Os Rosales |
25 de novembro, 2 e 16 de decembro |
Biblioteca Forum |
20 e 26 de novembro; 3, 10 e 18 de decembro |
Días de xogo libre: a partir de decembro:
Biblioteca Ágora |
Venres de 17 a 20 h. |
Biblioteca Durán Loriga |
Venres de 17 a 20 h. |
Biblioteca Os Rosales |
Sábados de 10.30 a 13.30 h |
Biblioteca Forum |
Venres de 17.00 a 20.00 h |
Non perdas esta oportunidade para redescubrir o valor dos espazos públicos de maneira inclusiva, creativa e divertida. Todas as idades son benvidas. Ven xogar connosco!
Toda a información sobre o novo servizo de Xogos de mesa na Biblioteca.
International Games Month
A International Games Month at your Library, "Mes Internacional do Xogo na Biblioteca", é unha iniciativa internacional promovida porla ALA, American Library Association.
Como fixemos outros anos, sumámonos a esta iniciativa na que bibliotecas de todo o mundo promoven a presenza do xogo nas bibliotecas.
Nesta ocasión, as Bibliotecas de Ágora, Durán Loriga, Fórum Metropolitano e Os Rosales ofrécenche estas iniciativas nas que se destaca o valor educativo, recreativo e social dos xogos.
22/11/2024
Desde el 15/11/2024 hasta el 22/11/2024
Require inscrición
De 18:00 a 20:00 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Calle Río Monelos 1. 15006 A Coruña
23/11/2024
Desde el 16/11/2024 hasta el 23/11/2024
Require inscrición
De 11:00 a 13:00 horas
Biblioteca Municipal Os Rosales. Plaza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
25/11/2024
Desde el 18/11/2024 hasta el 25/11/2024
Require inscrición
De 18.00 a 20.00 h.
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible