Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Preguntas frecuentes

Estas son as preguntas máis frecuentes. Ponte en contacto connosco se necesitas máis información sobre algo ou podes visitarnos en calquera das nosas bibliotecas.

Necesito o carné para ir ás bibliotecas?

Non, só necesitas o carné para levar material en préstamo ou utilizar un computador de acceso público, unha videoconsola ou o visionado. O resto de servizos e actividades non o requiren.

Canto custa facer o carné ou asistir a unha actividade?

O carné é completamente gratuíto, non necesitas nin fotografía.

Todas as actividades e programas das bibliotecas son completamente gratuítas. O único que debes facer é incribirte (presencialmente, teléfono, web) cando así se requira.

Cal é a idade mínima para facer o carné?

Desde o primeiro minuto de vida podes facer socio a un bebé coa autorización paterna correspondente, dita autorización esíxese para todos os menores de 14 anos.

Cantas cousas podo levar en préstamo?

Podes levar un total de 10 materiais por carné durante 30 días.

Podo ter máis tempo as cousas que levei en préstamo?

Podes, agás que outra persoa o teña reservado. Podes solicitar, de forma presencial, telefónica ou a través da web, a prórroga do material durante outros 10 días (desde 7 días antes de que venza o préstamo). As prórrogas non se aplicarán a CD's nin aos materiais audiovisuais de ficción nin ás revistas.

Quero ler un libro pero está prestado

Non hai problema, pídelle ao teu bibliotecario que cho reserve e avisarémosche por correo electrónico ou telefonicamente cando estea dispoñible.

O material que me interesa non o ten a biblioteca

Entón deberías facer unha suxestión de compra para que a biblioteca a valore. Debes de ter en conta que para facer esta suxestión de compra terás que ser socio/a de a biblioteca. Comprometémonos a dar unha resposta á túa solicitude no prazo máximo dun mes. Poderás facer un máximo de dúas peticións de compra por trimestre.

Interésame moito saber cousas da miña cidade

Tes á túa disposición a Biblioteca Municipal de Estudos Locais con fondos e programas especializados na Coruña. Contacta connosco se queres saber máis sobre a cidade.

Teño internet nas bibliotecas?

Por suposto, tes:

  • rede wifi completamente libre, gratuíta e ilimitada en todas as bibliotecas municipais
  • computadores con conexión a internet e aplicacións ofimáticas de acceso regulado durante polo menos unha hora ao día. Nalgunhas bibliotecas o acceso a estes computadores non ten límite de tempo (consulta a ligazón se queres saber cales son).

Podo estudar nas bibliotecas municipais?

Podes, pero non cho recomendamos; as bibliotecas municipais son centros vivos con multitude de eventos, programas e actividades que poden incomodar un ambiente de estudo.

O problema é que non teño nin idea de informática ou computadores

Pois fica atento á programación de cursos da internet, ofimática ou web 2.0 que impartimos cada ano.

Podo levar o meu bebé á biblioteca?

Por suposto, as nosas bibliotecas contan con espazos, fondos e programas especialmente pensados para bebés.

Que debo saber sobre as inscricións?

Consulta toda a información relativa ás inscricións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión