COMUNICA-DOS: a importancia da alfabetización mediática e informacional (AMI)
Dende a Biblioteca Fórum poñemos en marcha un novo ciclo temático baixo o título "ComunicaDos", dende o 15 de xaneiro ao 15 de abril, co que poñer o foco na importancia da alfabetización mediática e informacional (AMI).
Vivimos na chamada era da información ou tecnolóxica asociada coa revolución dixital iniciada na segunda metade do século XX. Actualmente, o noso día a día está influenciado polo constante bombardeo de información que nos chega a través de diferentes canles e medios. Xorden así conceptos como o da infoxicación, exceso ou sobrecarga de información, que impide que afondemos nos temas que nos interesan. Esa sobrecarga de información non contrastada é caldo de cultivo para a rede de noticias non verdadeiras, as chamadas "fake news". Estes feitos modifican o noso modo de vida, os nosos costumes, o consumo duns produtos ou outros, a opinión pública...
Por iso dende a Biblioteca Fórum queremos poñer sobre a mesa a importancia da alfabetización mediática e informacional para que a cidadanía aprenda competencias e habilidades técnicas, cognitivas, sociais, cívicas, éticas e creativas para desenvolverse nos medios actuais, producir contido e entender dunha maneira máis crítica a información que se recibe. É dicir, alfabetizar e educar para que a cidadanía adquira a capacidade de acceder, analizar, avaliar, crear e actuar utilizando todas as formas de comunicación.
Obxectivos
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible