Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Bibliotecas Municipais

coruna.gal

Ciclo temático Os Xogos Olímpicos

Ciclo Os Xogos Olimpicos

Do 20 de xuño ao 15 de setembro

"Os Xogos Olímpicos" é o novo Ciclo Temático que abordaremos durante o terceiro trimestre do ano 2024 na Biblioteca Fórum Metropolitano.

Cen anos despois, París volve acoller os Xogos Olímpicos que darán comezo o vindeiro 26 de xullo.

Os Xogos Olímpicos, tamén chamados Olimpíadas, son o evento deportivo internacional máis grande e importante do mundo, no que participan atletas de case todos os países nunha competición multidisciplinaria que se realiza cada catro anos.

Algo de historia:

A tradición da celebración das Olimpíadas remóntase á antigüidade grega (VIII a. C.), cando eran levadas a cabo en homenaxe aos deuses do panteón olímpico (de aí o seu nome).

Os xogos olímpicos da antigüidade celebráronse ata o ano 393 d. C., case doce séculos antes de que fosen retomadas na súa variante moderna, debido á adopción do cristianismo polo Sacro Imperio Romano, cando se prohibiu a realización de todo tipo de festas pagás.

A tradición olímpica retomouse a finais do século XIX, cando o barón de Coubertin, un nobre francés, creou o Comité Olímpico para constituír unhas novas olimpíadas que homenaxeasen ás antigas e que trouxesen de volta a súa mensaxe de competición pacífica entre as nacións.

O ciclo temático:

Con este novo ciclo temático queremos poñer o foco no feito de que os deportes tamén se viven a través da literatura.

Seleccionamos unha escolma de libros e material audiovisual nos que o mundo deportivo é o protagonista.

Por iso, se entre os teus gustos literarios non destacan as historias relacionadas cos deportes animámoste a que pases pola biblioteca Fórum e fagas a túa escolla porque este ano olímpico é un bo momento para explorar e apaixonarte polo deporte a través da literatura.

Galería de imáxes da mostra bibliográfica

Buscar en Flickr

Tamén che pode interesar

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible