Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Xogos de mesa

Atrévete a descubrir e compartir a maxia dos xogos de mesa na túa biblioteca. Non importa a idade, todos e todas atoparán un espazo onde desfrutar, aprender e formar parte dunha comunidade que crece cada día.

Xogos de Mesa nas Bibliotecas

As bibliotecas municipais ofrecemos unha selección de xogos de mesa para todas as idades e intereses. Este servizo busca promover o desenvolvemento de habilidades cognitivas e sociais, fomentar a creatividade e, sobre todo, crear un espazo para que todas e todos poidan gozar, aprender e socializar.

Porque los juegos, además de ser una actividad que hacemos para entretenernos o divertirnos, también fomentan la interacción social, transformando la biblioteca en un lugar para la convivencia, en un espacio motivador y vibrante con áreas para el juego,

Palabras de Ana Ordás experta en gamificación e bibliotecas.

Aquí tes todo o que necesitas saber para comezar a desfrutar dos xogos de mesa nas nosas bibliotecas:

Que son os Xogos de Mesa e por que apostamos por eles?

Os xogos de mesa non só son unha fonte de entretemento: son ferramentas educativas e sociais que axudan a desenvolver habilidades tan diversas como a estratexia, a memoria, o traballo en equipo e a creatividade.

Nas nosas bibliotecas, creemos que o xogo é un elemento fundamental para o crecemento persoal e a cohesión comunitaria, por iso apostamos por ampliar a nosa colección con xogos para todas as idades e niveis de experiencia.

Categorías de Xogos que podes atopar

Cada biblioteca conta cunha selección variada, organizada en categorías para facilitar a elección. Aquí tes algúns dos tipos de xogos que podes explorar:

  • Estratéxicos: Para mentes analíticas que buscan retos e desafíos complexos. Estes xogos son ideais para persoas que queren poñer a proba as súas habilidades de planificación e toma de decisións. 

  • Familiares: Perfectos para compartir momentos en familia, son xogos sinxelos pero divertidos, nos que a creatividade e a intuición adoitan ser a clave. 

  • Educativos: Xogos que mesturan diversión e aprendizaxe, ideais para os máis pequenos ou para quen queira adquirir coñecementos mentres xoga.

  • Cooperativos: Aquí, todas e todos colaboran para acadar un obxectivo común, facendo do traballo en equipo a verdadeira clave para o éxito.

Consulta a colección de cada biblioteca para descubrir que xogos de mesa están dispoñibles e busca o teu favorito ou atrévete con algo novo!

Podes orientarte coa nosa clasificación de xogos:

  • Xogos en solitario  
  • Xogos para dous  
  • Xogos cooperativos  
  • Xogos infantís  
  • Xogos para familias  
  • Xogos clásicos  
  • Eurogames  
  • Xogos narrativos  
  • Xogos rápidos  
  • Xogos para festas (Party games) 
  • Xogos de rol  
  • Xogos de memoria  
  • Xogos de cartas  
  • Xogos de dados  
  • Xogos de lóxica e enxeño  
  • Xogos de taboleiro  
  • Xogos de habilidade  
  • Xogos de fichas  
  • Xogos de roles ocultos  
  • Xogos de preguntas e respostas  
  • Xogos de construción de patróns  
  • Xogos de dedución e investigación  
  • Xogos abstractos  
  • Xogos de estratexia 

Como acceder aos Xogos de Mesa

A participación é moi sinxela. Aquí tes as opcións dispoñibles para gozar dos xogos:

  1. Xogo na Biblioteca: Escolle un xogo da colección dispoñible e disfrútao nas áreas habilitadas dentro da biblioteca. É unha opción ideal para probar diferentes xogos en compañía doutras persoas.

  2. Préstamo a Domicilio (onde estea dispoñible): Algunhas bibliotecas permiten o préstamo a domicilio dos xogos de mesa. Consulta a dispoñibilidade e as normas de préstamo para levar contigo a diversión e desfrutar desde casa.

  3. Participación en Actividades e Eventos Especiais: A rede de bibliotecas organiza regularmente clubs de xogos, encontros e torneos para distintos tipos de xogos e idades. Estas actividades están pensadas para que as persoas usuarias poidan aprender novas estratexias, coñecer outros/as xogadores/as e compartir experiencias nun ambiente entretido e educativo.

Recomendacións para cada nivel e idade

Aquí tes algunhas ideas para comezar:

  • Para os máis novos (a partir de 4 anos):Rhino Hero por exemplo. Xogos sinxelos que mesturan diversión e aprendizaxe sen complicacións.

  • Para principiantes: Dixit, por exemplo, xogos que son fáciles de aprender e proporcionan unha boa introdución ao mundo dos xogos de mesa.

  • Para expertos: ideais para quen busca xogos con maior complexidade e duración.

  • Para grupos e familias: Código Secreto, Time's Up! ou Jungle Speed, para un bo rato de risas e competitividade saudable.

Actividades destacadas de Xogos de Mesa nas Bibliotecas

As bibliotecas participamos cada ano no International Games Month at your Library (unha iniciativa internacional promovida por la  American Library Association, que se celebra cada ano no mes de novembro co obxectivo de sensibilizar sobre os beneficios sociais e educativos do xogo.

Durante o mes do xogo en bibliotecas, organizamos actividades especiais dedicados aos xogos de mesa. Estes eventos son unha oportunidade perfecta para descubrir novos xogos, aprender estratexias ou, simplemente, pasar un rato agradable en compañía.

Consulta a nosa programación para ver as actividades específicas, como demostracións de xogos, torneos amigables e clubs de xogadores.

Como levar en prestamo os Xogos de Mesa?

Nas bibliotecas de Ágora, Durán Loriga, Fórum e Os Rosales ofrecemos dúas modalidades de préstamo:

Préstamo en sala

Habilitarase un día da semana de xogo libre en cada biblioteca. Nos días de xogo libre non é necesario facer inscrición previa, só ter moitas ganas de xogar en familia, cos amigos ou amigas ou con persoas que se acercaron ese día á biblioteca coa intención de xogar tamén. 

Préstamo a domicilio

A partir do día 21 de decembro, as persoas usuarias da biblioteca poderán levar en préstamo un xogo por carné.  

Normas de préstamo a domicilio:

o   Tempo: 7 días con unha renovación, sempre que non teña reserva.

o   Admiten 1  reserva

o   Nº: 1 xogo por carné. 

o   Préstamo a entidades: si, 5 documentos por carné de entidade por un tempo de 2 semanas sen renovación. Admite dúas reservas.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión