Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Que nos define?

Espazos, recursos, servizos e actividades para informarse e formarse, para acceder á cultura.

  • Espazos para debater e compartir.
  • Espazos integradores de diversidade de públicos, ideas e opinións.
  • Espazos próximos e amigables para ti, sexa cal for a túa idade, formación ou intereses.

Se non atopas o que buscas, déixanos a túa suxestión.

Apostamos por...

  • Accesibilidade e igualdade de oportunidades. As bibliotecas como servizos básicos de proximidade, referentes e accesibles para todos os cidadáns. Puntos de servizo distribuídos por diferentes zonas da cidade. Amplos horarios e servizos en liña. Atención personalizada cordial e próxima. Oferta de recursos , servizos e actividades para diversos públicos e necesidades.
  • Acceso á información e ao coñecemento. Traballamos para ofrecer unha colección e uns servizos que poñan a información e o coñecemento a disposición de todos e para consolidar a posición de todas as bibliotecas da rede como espazos de encontro, opinión e debate abertos a toda a cidadanía. As persoas, asociacións e entidades da comunidade saben que dispoñen dun espazo no que expoñer e compartir os seus coñecementos, proxectos e ideas.
  • Educación, formación permanente e autoaprendizaxe. Colaboramos activamente coas escolas e institucións educativas e proporcionamos recursos e apoio para a formación continua e a aprendizaxe ao longo da vida para aqueles que deciden aprender pola súa conta e que xa están fóra das canles da educación formal (escola, universidade,...) Cada ano, nos programas de colaboración cos centros escolares, participan alumnos e profesores de escolas infantís, centros de primaria e centros de secundaria de toda a cidade. No ámbito da formación permanente e a autoaprendizaxe, estamos a traballar para mellorar a oferta de recursos e programas e actividades formativas para adultos.
  • Promoción da lectura. Porque a lectura permítenos acceder á información, mellorar a nosa formación, coñecer ideas e pensamentos doutras persoas, contrastar os nosos puntos de vista, gozar da experiencia estética e participar da tradición cultural.
  • Memoria local. Unha das bibliotecas da rede, a Biblioteca de Estudos Locais, reúne e conserva toda a información relacionada coa Coruña. Entre os seus máis de 60.000 documentos pódense atopar libros, folletos, revistas, láminas, postais, bandos, dosieres de prensa, mapas, audiovisuais.... Todo o que necesitas para coñecer o pasado e presente da cidade.

Queremos bibliotecas que axuden a medrar ás persoas e ás comunidades.

Coñezo as bibliotecas Municipais da Coruña, lin esta declaración de intencións e teño suxestións respecto diso

Así traballamos...

  • Partimos das necesidades e intereses da cidadanía para deseñar a oferta de espazos, recursos e actividades. Prestamos especial atención ao que nos contan no día a día, nas conversas nas bibliotecas, ou nos comentarios nas redes sociais. Ademais, realizamos enquisas de satisfacción de maneira periódica e dispoñemos dun sistema de suxestións e reclamacións. Horarios, funcionamento de servizos, melloras en instalacións, cambios nos sistemas de inscrición en actividades, impulso de novos programas, son algunhas das cousas que melloramos coas achegas dos usuarios e usuarias. No ámbito dos materiais de lectura, temos que destacar que cada ano incorpóranse á colección das bibliotecas unha media de 450 títulos que proceden das suxestións de compra que nos presentan. Tamén, os contactos permanentes con outras entidades, colectivos e asociacións do territorio, permítennos identificar moitas das necesidades dos cidadáns que aínda non utilizan os servizos das bibliotecas, fundamentalmente porque non lles estamos ofrecendo o que necesitan. O éxito ou non para nós depende de que sexamos capaces de traducir as necesidades e intereses dos nosos veciños en servizos e prestacións.
  • Cada biblioteca ten o seu equipo pero a nivel transversal moitos de nós participamos en grupos de traballo que buscan o impulso de novas liñas de traballo ou a coordinación de todas as bibliotecas da rede en determinadas áreas de especialización.
  • Tentamos aproveitar calquera oportunidade para cooperar con outras institucións, colectivos e organizacións da cidade. Cada unha das bibliotecas tenta desenvolver un proxecto vencellado ao territorio e á comunidade da súa área de influencia. Compartimos recursos, espazos e proxectos con escolas, asociacións, ONG, iniciativas cidadás etc.

Misión, visión e valores

  • Misión

As Bibliotecas Municipais da Coruña son centros públicos de información e promoción lectora que contribúen á igualdade de oportunidades e prestan os seus servizos aos habitantes da Coruña facendo especial fincapé na poboación infantil. Proporcionan apoio á educación formal non universitaria, recompilan, conservan e difunden o patrimonio bibliográfico local e facilitan o acceso á información nos soportes tradicionais e mediante as tecnoloxías da información e a comunicación. Son lugares de encontro onde a atención individualizada e cordial ao usuario, a innovación en servizos e instalacións e a colaboración con escolas, familias e outras organizacións e colectivos con obxectivos similares é prioritaria.

  • Visión

As Bibliotecas Municipais da Coruña serán servizos básicos e de referencia para os cidadáns e cidadás de todas as idades, centros dinámicos de coñecemento, espazos accesibles as 24 horas do día, líderes na oferta de servizos bibliotecarios de calidade tanto tradicionais como innovadores, onde se favorecerá o intercambio de información e a participación en actividades comunitarias.

  • Valores
  • Calidade no servizo
  • Creatividade de ideas
  • Igualdade de acceso, universalidade
  • Participación
  • Credibilidade, profesionalización
  • Traballo en equipo

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión