Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Corazón do barrio

Tipo de actividade:

Encontros / Faladoiros / Obradoiros

Obxecto:

  • Mostrar a biblioteca coma unha lugar para a formación e aprendizaxe ao longo da vida

  • Ofrecer información e a posiblidade de participación dos veciños ao redor dunha temática de interese na actualidade

  • Aumentar a participación de público de diferentes idades a redor dunha mesma temática propiciando o debate e intercambio de opinións.

A quen vai dirixido?:

Todos os públicos, segundo a oferta.

De outubro a decembro.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Castrillón. Praza Pablo Iglesias 1. 15009 A Coruña

En que consisten Corazón do barrio?

Dende ano 2013 a Biblioteca Castrillón oferta un outono temático no que intenta poñer de manifesto a importancia da biblioteca como lugar de encontro, intercambio de inquedanzas e participación.

Este programa está destinado a toda a veciñanza e ten como liña de traballo principal manternos como "corazón do barrio" que non deixa de latexar e que intenta detectar intereses aos que poder dar resposta.

Contaremos coa presenza de persoas expertas que nos compartirán a súa experiencia e coñecemento sobre cada ciclo temático.

Cómo participar

  • Para poder participar algúns encontros requíren unha inscrición previa.
  • O prazo de inscrición ábrese unha semana antes da actividade ás 10:00 horas.
  • As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.

Cal é a dinámica das actividades

Cada ano realizase un ciclo dun tema determinado que consta de diferentes sesións en formato de charlas, obradoiros, visitas, etc.

Temáticas tratadas outros anos

Programación 2023/2024

Este outono 2023, a biblioteca Castrillón vai continuar na liña de ofertar charlas e obradoiros vinculados ao tema da saúde, benestar e acompañamento. Este ano enfocados a temas como o acompañamento emocional na adolescencia, menopausia, sexualidade.

Baixo o epígrafe "Saúde e benestar" ofertamos diferentes obradoiros que favorezcan unha mellora na xestión da nosa saúde e ofertaremos diferentes materiais nas salas que podan servirnos de recurso para un maior coñecemento.

Accións programadas:

1. Difusión e selección do material bibliográfico da temática Saúde e benestar:

  • Mostra bibliográfica
  • Préstamo de lotes da temática a entidades interesadas

2. Actividades na biblioteca:

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión