Accede a máis información sobre este ciclo temático
Outras actividades
Para público en xeral
15/11/2023
Xa rematou
Dende o 08/11/2023 ata o 15/11/2023
Require inscrición
19.00 h
90 min
Biblioteca Municipal Castrillón. Praza Pablo Iglesias 1. 15009 A Coruña
Dende o ano 2013 a Biblioteca Castrillón ven de ofertar un outono temático no que intenta poñer de manifesto a importancia da biblioteca como lugar de encontro, intercambio de inquedanzas e participación. Este ciclo de Corazón do Barrio está adicado á saúde e o benestar, temática tratada polo Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número tres.
A biblioterapia consiste no uso da lectura cun obxectivo terapéutico (libros de autoaxuda) ou de desenvolvemento (novelas). Recórrese a ela principalmente para apoiar o tratamento de trastornos mentais e problemas emocionais e para promover a saúde mental.
Ter acceso aos libros recomendados pode axudar a pacientes e familiares a entender mellor e afrontar os problemas de saúde, así como a mellorar o seu benestar.
Biblioterapia é un proxecto promovido pola Axencia de Coñecemento en Saúde e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, coa colaboración da Rede Galega de Bibliotecas, colexios profesionais e sociedades científicas, asociacións de pacientes e expertos en saúde e literatura e a colaboración e financiación de Lundbeck.
Este proxecto está baseado na evidencia científica e cocreado con pacientes e expertos. Inclúe 142 libros recomendados por profesionais da saúde mental, expertos en literatura e pacientes.
Esta charla estará impartida por Uxía Gutierrez Couto, bibliotecaria da biblioteca virtual do sistema público de saúde de Galicia.
Queres saber ...
En que consisten Corazón do barrio?
Dende ano 2013 a Biblioteca Castrillón oferta un outono temático no que intenta poñer de manifesto a importancia da biblioteca como lugar de encontro, intercambio de inquedanzas e participación.
Este programa está destinado a toda a veciñanza e ten como liña de traballo principal manternos como "corazón do barrio" que non deixa de latexar e que intenta detectar intereses aos que poder dar resposta.
Contaremos coa presenza de persoas expertas que nos compartirán a súa experiencia e coñecemento sobre cada ciclo temático.
Máis informaciónActividades relacionadas
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible