Accede ao proyecto de Sara Vierna
Outras actividades
Para público en xeral
Os días 22/11/2023 ás 17:30 , 29/11/2023 ás 17:30
Xa rematou
Dende o 15/11/2023 ata o 22/11/2023
Require unha única inscrición para as dúas sesións
17.30 h
6 horas
Biblioteca Municipal Castrillón. Praza Pablo Iglesias 1. 15009 A Coruña
Dende o ano 2013 a Biblioteca Castrillón ven de ofertar un outono temático no que intenta poñer de manifesto a importancia da biblioteca como lugar de encontro, intercambio de inquedanzas e participación. Este ciclo de Corazón do Barrio está adicado á saúde e o benestar, temática tratada polo Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número tres.
Este curso-obradoiro práctico, lúdico e experiencial, presta especial atención aos avances que se manexan en materia de neurociencia, psicoloxía e pedagoxía.
A formación realizarase desde unha perspectiva de xénero transversal e introduciranse técnicas e dinámicas de mindfulness, comunicación non violenta, coaching e regulación emocional para facilitar un proceso de aprendizaxe rico en experiencias e estímulos. Os contidos adaptaranse ás necesidades do grupo e aos seguintes obxectivos :
1. Achegarnos as características sociais e neurofisiolóxicas do cerebro adolescente.
2. Coñecer os elementos básicos da conciencia e da regulación emocional.
3. Potenciar a práctica da comunicación empática para a prevención dos conflictos.
Impartida pola educadora social Sara Vierna.
Queres saber ...
En que consisten Corazón do barrio?
Dende ano 2013 a Biblioteca Castrillón oferta un outono temático no que intenta poñer de manifesto a importancia da biblioteca como lugar de encontro, intercambio de inquedanzas e participación.
Este programa está destinado a toda a veciñanza e ten como liña de traballo principal manternos como "corazón do barrio" que non deixa de latexar e que intenta detectar intereses aos que poder dar resposta.
Contaremos coa presenza de persoas expertas que nos compartirán a súa experiencia e coñecemento sobre cada ciclo temático.
Máis informaciónActividades relacionadas
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible