Este centro de interese agrupa un conxunto de obras de maxia e do mundo do ilusionismo. Atópase na Biblioteca Ágora.
Créase a partir da doazón da colección de Carlos Mejuto, por parte da Sociedade Coruñesa de Ilusionismo , co obxectivo de poñer esta colección a disposición do público.
A quen se dirixe
Destinado ás persoas que teñan interese nos documentos que fagan referencia ao mundo da maxia e do ilusionismo.
Obxectivos
Este centro de interese xorde como unha colaboración coa Sociedade de Ilusionismo da Coruña coa finalidade de achegar o mundo do ilusionismo e os seus protagonistas ao público das bibliotecas municipais, que en moitas ocasións descoñecen a existencia de moitas das obras e tipos de obras que aquí se atopan.
Que materiais podo atopar
Dado o carácter homoxéneo do centro de interese, óptase por organizar o fondo nas seguintes categorías ou grupos temáticos:
Todos os documentos que non precisan unhas condicións específicas de conservación atópanse dispoñibles ao público en sala para o seu préstamo.
Non obstante, hai outras obras que, pola súa antigüidade ou condición física, precisan unhas condicións específicas de conservación: documentos publicados con anterioridade a data de depósito legal, e folletos sen capas e con ilustracións de interese. Todos estes atópanse no depósito da Biblioteca Ágora, dispoñibles para a súa consulta en sala.
Se che interesa esta temática podes atopar todos os libros deste centro de interese no noso catálogo ou mediante esta ligazón.
Escola de maxia : Colección de ilusionismo na Biblioteca Ágora
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible