Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Atención tecnolóxica en liña

Muller con actitude de incomprensión diante dun ordenador portátil.

Nas Bibliotecas Municipais da Coruña podémosche axudar a través do chat en liña de Atención Tecnolóxica. De luns a venres de 9.00 a 20.00 h trataremos de resolvermos as túas dúbidas de forma inmediata tanto sobre dispositivos dixitais como de ferramentas, páxinas ou redes sociais en Internet. Accede desde aquí:

Entra no noso chat 

Se prefires consultar desde a túa casa, traballo ou calquera outra parte, podes falar cunha persoa experta no chat de atención tecnolóxica donde terás resposta inmediata no noso horario de atención (09.00-20.00 h).

Non o dubides! acude ao noso servizo de chat para plantexar as túas dúbidas e problemas no eido dixital.

Cuestións básicas relacionadas coas tecnoloxías da información e comunicación: Internet, redes sociais, páxinas web... e tamén cos dispositivos dixitais como o teu móbil, portátil ou tableta: configuración, conexións, notificacións...

Tamén queremos ser facilitadores e acompañarte na realización deses trámites en liña que che piden desde a administración ou desde entidades privadas. Pero debes ter en conta que non somos orientadores laborais, asistentes sociais ou consultores financeiros, polo que non che poderemos axudar sobre o fondo destas cuestións ou facer tramitacións no teu nome.

Atención tecnolóxica na biblioteca

Fotografía dunha persoa axudando a otra diante dun ordenador portátil

Problemas para enviar un curriculo ou para conectar o teu móbil á wifi da cafetería? Dubidas como cubrir un formulario que pide un organismo?  Queres facer unha videoconferencia coa familia? Nas Bibliotecas Municipais podemos axudarche.

Ven á biblioteca

Unha persoa experta atenderá individualmente na biblioteca as túas dúbidas e problemas no ámbito dixital tanto dos dispositivos electrónicos (móbiles, portátiles, tabletas...) como os referidos ás ferramentas, páxinas ou  redes sociais na Internet (navegación, inscrición, intimidade, configuración...). Se necesitas axuda, podes acudir directamente nos días e horas sinalados.

Cuestións importantes

  1. A atención prestarase por orde de chegada respectando a quenda, tempo e intimidade da persoa atendida
  2. O tempo de espera dependerá dos requirimentos da persoa ou persoas ás que se lle estea prestando o apoio antes que a ti.
  3. Podemos axudarche nas cuestións puntuais e concretas relacionadas coas tecnoloxías da información e comunicación: Internet, redes sociais, páxinas web... e tamén cos dispositivos dixitais como o teu móbil, portátil ou tableta: configuración, conexións, notificacións... É importante que entendas que non podemos facer cursos individuais sobre un dispositivo, informática ou Internet.
  4. Tamén queremos ser facilitadores e acompañarte na realización deses trámites en liña que che piden desde a administración ou desde entidades privadas. Pero debes ter en conta que non somos orientadores/as laborais, asistentes sociais ou consultores/as financeiros/as, polo que non che poderemos axudar sobre o fondo destas cuestións ou facer tramitacións no teu nome.

Horario de atención

luns

martes

mércores

xoves

venres

Ágora

10-13 h.

16-20 h.

10-13 h.

Castrillón

17-20 h.

10-13 h.

Durán Loriga

17-20  h.

Forum

10-13 h.    10-13 h.

Monte Alto

10-13 h.

10-13 h.

17-20 h.

Rosales

10-13 h.

17-20 h.

Sagrada F.

17-20 h.

10-13 h.

17-20 h.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión