Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

EcoLecturas: ciclo ambiental

ecolecturas

Na sala infantil da biblioteca da Sagrada Familia teremos uns eventos que buscan crear conciencia ambiental: EcoLecturas.

Invitámosvos a visitar a gran mostra de libros informativos e contos arredor da conservación da natureza e a ecoloxía, onde exploraremos o asombroso mundo natural que nos rodea e aprenderemos a coidar e protexer o noso fogar: a Terra.

Esta mostra estará apoiada por dúas actividades para dous grupos de idades diferentes:

  • un contacontos dirixido a rapazas e rapaces de 3 a 7 anos da man de Caxoto co seu espectáculo "Miña terra, meu lar" onde descubriredes a importancia de reducir, reciclar e reutilizar,
  • unhas xornadas para mozas e mozos de 8 a 12 anos, desenvolvido polo Grupo Naturalista Hábitat, no que nun obradoiro elaborarán un caderno de campo artesán, que poñerán en uso, nun roteiro ambiental polo parque de Santa Margarida. Nel descubrirás a biodiversidade da nosa contorna e farán unha retirada activa de lixo.

Preparada/os para unha experiencia chea de aprendizaxe, diversión e amor pola natureza?

Xuntas/os, seremos gardiás/ns comprometidas/os co noso prezado planeta!

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión