Visita o álbum de fotos desta actividade
Visitas guiadas para grupos
Centros escolares (Educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato), escolas infantís, centros de formación profesional, universidades ou calquera outro tipo de entidade (asociacións, entidades de atención social, campamentos de verán etc.)
¿Que son?
Son visitas ás bibliotecas para grupos, nas que os contidos se poden programar en función das necesidades do colectivo que demanda a visita. Os contidos solicitados deberán estar relacionados con algún dos seguintes obxectivos:
Como e cando podo solicitala?
Quero solicitar unha visita guiada á carta: Formulario de solicitudes
IMPORTANTE: no caso dos centros escolares para os que se oferten programas permanentes, adxudicaranse visitas á carta sempre que a especificidade dos contidos solicitados non poida ser atendida a través do programa xeral de .. Visitas escolares |
Outras actividades para centros escolares
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible