Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Un xogo pode ter máis de unha dinámica así que é probable que atopes o mesmo xogo dentro de varias das clasificacións.
Mecánicas dos xogos:
Narrativos: xogos onde se pode xogar a crear unha historia desde cero ou a partir dunha xa creada en función do uso de diferentes elementos.
De rol: as persoas participantes interpretan un personaxe de ficción e viven unha aventura nun mundo imaxinario. O curso das partidas está supervisado por un ou unha dos participantes do xogo que se designa como director/a de xogo (game master).
Roles ocultos:xogos de roles ocultos: cada xogador/a ten un rol ou personaxe diferente que non se revelará ao resto de participantes ao principio do xogo. Estes roles poden levar consigo unha condición de vitoria secreta ao final da partida ou incluso determinar as accións que faremos na nosa quenda. Esta mecánica non ten nada que ver cos xogos de rol.
Preguntas e respostas: nestes xogos póñense a proba os coñecementos das persoas participantes sobre diversos temas. Xóganse, xeralmente, por equipos.
Memoria: ocúltase información para que as persoas xogadoras exerciten a súa mente e poidan así rastrear a información para usala no seu beneficio. Por exemplo, recordar unha posición determinada ou un percorrido definido, entre outros.
Cooperativos: xógase en equipo para alcanzar un reto ou un obxectivo de forma conxunta.
Dedución e investigación: requiren que as persoas participantes, que non dispoñen de toda a información, cheguen a unha conclusión que lles acerque á resolución do enigma, para o que poderán empregar unha serie de pistas.
Construción de padróns: trátase de identificar, colocar ou reproducir unha serie de padróns concretos para obter puntos de vitoria.
Habilidade: xogos onde hai que colocar diferentes obxectos ou elementos nunha disposición determinada co obxectivo de conseguir algún padrón. Incentivan o desenvolvemento de destrezas motoras e cognitivas.
Eurogames: chámanse así por ser orixinarios de Europa, con Alemaña como máximo expoñente. Adoitan estar relacionados cos xogos familiares.
Lóxica: xogos que nas súas mecánicas favorecen o razoamento e as habilidades cognitivas. Están recomendados para todas as idades. Requiren un nivel de concentración elevado.
Estratexia: xogos que requiren que os xogadores tomen decisións importantes e planifiquen ás súas accións con anticipación.
Combina no catálogo os termos "xogos de mesa" cos da dinámica que che interese.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible