Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Tempo libre, lecer e afeccións

fainoti

Nas Bibliotecas temos moitas obras que tratan o lecer, a cociña e as afeccións. Hai multitude de libros, revistas e material audiovisual sobre o tema, polo que en moitos casos se decidiu agrupalos nunha mesma localización, nun centro de interese.

En concreto podes atopar tres centros de interese: Cociña (Fórum e Sagrada Familia), Lecer e afeccións (Fórum) e FainoTi (en Sagrada Familia e Castrillón).

No resto de bibliotecas tamén poderás achar materiais destas temáticas, pero non estará agrupado nun único lugar se non que estará colocado co resto do fondo seguindo a ordenación habitual da biblioteca.

Cociña

Este centro de interese agrupa todos aqueles fondos referidos ás artes culinarias e á alimentación en xeral, para facilitar aos usuarios a localización dos fondos desta temática que lles poidan interesar. Podes atopalo na Biblioteca Fórum Metropolitano e na Biblioteca Sagrada Familia, aínda que todas as bibliotecas teñen libros de cociña dentro dos libros de non ficción ou materias.

Que materiais podo atopar

Dentro deste centro de interese podemos atopar moitísima información gastronómica de todo tipo, que agrupamos nas seguintes temáticas

Lecer e afeccións

Na Biblioteca Fórum Metropolitano podes atopar un centro de interese chamado Lecer e afeccións, no que poderás achar obras sobre diferentes traballos manuais e bricolaxe, punto e costura e xogos de mesa.

Anteriormente neste centro de interese tamén se localizaban os documentos sobre deportes, debuxo e pintura, cultivo e xardinaría, e cociña (este último agora constitúe un centro de interese en si mesmo), pero na actualidade estas materias están co resto do fondo de non ficción na sala de adultos da Biblioteca.

Que materiais podo atopar

  • Traballos manuais: bricolaxe, deseño de parques e xardíns, carpintería e ebanistería, cerámica e escultura, elaboración de xabóns, velas ou perfumes, decoración e pintura de mobiliario do fogar...
  • Costura: guías e manuais sobre como realizar distintas técnicas e labores de costura: labor de gancho, punto de cruz, calceta, patchwork, encaixe de palillos, bordados... Tamén inclúense neste centro de interese obras sobre bixutería, costura de bonecos, bolsos e máis accesorios. 
  • Xogos de mesa e actividades ao aire libre: titoriais sobre xogos de mesa, maxia, xadrez e outros xogos de enxeño, videoxogos, pilates, tai chi ou caza e pesca.

FainoTi

FainoTi reúne nun mesmo espazo todos os títulos que axudan a adquirir destrezas e aprendizaxes sobre calquera actividade. Pretende servir de base informativa para aqueles que desexan aprender a facer traballos manuais, reparacións, deportes, cosmética, costura e outras moitas afeccións.

Este centro de interese localízase nas Bibliotecas de Sagrada Familia, Ágora e Castrillón.

Que materiais podo atopar

Así como o lecer abrangue un grande abanico de actividades, segundo os gustos e intereses de cada un, este centro de interese tamén contén obras moi variadas de diversas temáticas, dende xardinaría ata labores. A continuación podes atopar unha listaxe de todas elas:

  • Bricolaxe: traballos en madeira, coiro, restauración de mobles, elaboración de estantes e outros mobles, traballos en coiro, fontanería...
  • Cosmética natural: elaboración de xabóns, cosméticos e perfumes naturais.
  • Debuxo: luces e sombras no debuxo, aerógrafo, técnicas de debuxo, debuxo de anatomía, perspectiva...
  • Decoración: elaboración de decoración de festas e eventos, como facer as túas propias cortinas, veas...
  • Escritura: caligrafía, lettering, encadernacións...
  • Fotografía: manuais básicos de fotografía dixital, de fotografía en branco e negro, fotografía paisaxística, fotografía para redes sociais...
  • Horta e xardín:  horta urbana, hortos en patios, xardíns, ou balcóns, plantas de interior, técnicas de poda...
  • Labores: labor de gancho, punto de cruz, calceta, patchwork, encaixe de palillos, bordados...
  • Traballos manuais: barro, cerámica, mosaicos, ourivería, xoiería...
  • Masaxes: masaxes deportivas, reflexoloxía, masaxe tailandés, shiatsu, dixitopuntura, drenaxe linfático manual...
  • Música: linguaxe musical, canto, guitarra, violín, teclados, frauta, gaita e moitos mais instrumentos.
  • Pintura: maquillaxe, acuarela, acrílicos, tintas, óleos, estampados, aerografía, luces e sombras...
  • Xogos e deportes: xadrez, póker, fútbol, estiradas, ioga, tai-chi, pilates, surf, caza, pesca...

Como atopar no catálogo o material destes centros de interese

Se che interesa esta temática podes atopar todos os libros destes centros de interese no noso catálogo ou mediante estas ligazóns:

Non esquezas que se o material que queres está noutra biblioteca podes solicitar que cho enviemos á túa para que o leves en préstamo!

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión