As bibliotecas sumámonos á International Games Month at your Library, que ten lugar cada ano no mes de novembro co obxectivo de sensibilizar sobre os beneficios sociais e educativos do xogo.
A International Games Month at your Library, "Mes Internacional do Xogo na túa Biblioteca", é unha iniciativa internacional promovida pola ALA, American Library Association.
Desde hai varios anos, durante o mes de novembro as bibliotecas participantes -públicas, escolares e académicas- organizan actividades co obxectivo de sensibilizar sobre os beneficios sociais e educativos do xogo e xerar maior adhesión afectiva ás bibliotecas:
Porque os xogos, ademais de ser unha actividade que facemos para entreternos ou divertirnos, tamén fomentan a interacción social, transformando a biblioteca nun lugar para a convivencia, nun espazo motivador e vibrante con áreas para o xogo
,
Palabras de Ana Ordás no seu artigo Día Internacional dos Xogos na Biblioteca.
Como xa fixemos outros anos, sumámonos a esta iniciativa na que bibliotecas de todo o mundo potencian a presenza dos xogos nas bibliotecas.
Nesta ocasión, as Bibliotecas do Fórum Metropolitano e a de Durán Loriga propóñenche estas iniciativas nas que se destaca o valor educativo, recreativo e social dos xogos.
Actividades programadas nas bibliotecas:
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible