Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Encontros para familias

Tipo de actividade:

Encontros / Faladoiros / Obradoiros

Obxecto:

O obxectivo principal é fortalecer as relacións familiares e favorecer un desenvolvemento saudable tanto dos nenos e nenas como das persoas adultas.

A quen vai dirixido?:

Familias con menores de 0 a 12 anos

De outubro a maio. Mensual

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

En que consisten os Encontros para familias?

Encontros pensados ​​para que as familias poidan compartir experiencias, apoiarse mutuamente e aprender conxuntamente sobre temas de interese familiar e educativo.

Durante as sesións contaremos coa participación de especialistas, que ofrecerán os seus coñecementos e consellos prácticos.

Beneficios de participar:

  • Encontro de diálogo con outras familias.
  • Espazo de relación e intercambio de experiencias con fillos e fillas.
  • Orientación e asesoramento de especialistas.
  • Materiais e ferramentas prácticas para mellorar as relacións familiares e favorecer o desenvolvemento saudable das nenas, nenos e adolescentes.

Temas abordados en edicións anteriores

  • Nutrición e hábitos de vida saudables
  • Educación afectivo-sexual
  • Expresión corporal e emocións
  • Comunicación positiva na familia
  • O uso das novas tecnoloxías
  • Temas de interese musical, literario, científico e de ocio familiar.

Centro de Interese Nais e Pais

Ademais, convidámosvos a descubrir o centro de interese Nais e Pais , dispoñible en todas as nosas bibliotecas. Este espazo creouse como un valioso recurso de apoio ás familias na atención e na educación. 

Cómo participar

  • Para poder participar nos encontros requírese unha inscrición previa.
  • O prazo de inscrición ábrese unha semana antes da actividade ás 10:00 horas.
  • As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.

Onde e cando

Lugar Día Hora Frecuencia Prazas
Biblioteca Os Rosales xoves 18.30h Mensual 8-12

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión