Charlas e debates
Infantil, Familias
Para familias en compañía dos seus fillos/as de entre 7 e 12 anos
15/05/2025
Xa rematou
Dende o 08/05/2025 ata o 15/05/2025
das 18.30 ás 20.00 horas
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
Tel.: 981 184 389
Encontro deseñado para que as familias poidan compartir experiencias, apoiarse mutuamente e aprender de maneira conxunta sobre temas de interese familiar e educativo.
Encontro para familias acompañadas dos fillos e fillas, onde trataremos a educación sexual como ferramenta para que os/as pequenos/as crezan con confianza e respecto cara a si cara a si mesmos/as e demais. Acompañaranos a mestra e experta en sexoloxía e educación sexual, Águeda Fernández e abordaremos:
Queres saber ...
En que consisten os Encontros para familias?
Encontros pensados para que as familias poidan compartir experiencias, apoiarse mutuamente e aprender conxuntamente sobre temas de interese familiar e educativo.
Durante as sesións contaremos coa participación de especialistas, que ofrecerán os seus coñecementos e consellos prácticos.
Beneficios de participar:
Temas abordados en edicións anteriores
Centro de Interese Nais e Pais
Ademais, convidámosvos a descubrir o centro de interese Nais e Pais , dispoñible en todas as nosas bibliotecas. Este espazo creouse como un valioso recurso de apoio ás familias na atención e na educación.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible