Encontros / Faladoiros / Obradoiros
O obxectivo principal é fortalecer as relacións familiares e favorecer un desenvolvemento saudable tanto dos nenos e nenas como das persoas adultas.
Familias con menores de 0 a 12 anos
De outubro a maio. Mensual
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
En que consisten os Encontros para familias?
Encontros pensados para que as familias poidan compartir experiencias, apoiarse mutuamente e aprender conxuntamente sobre temas de interese familiar e educativo.
Durante as sesións contaremos coa participación de especialistas, que ofrecerán os seus coñecementos e consellos prácticos.
Beneficios de participar:
Temas abordados en edicións anteriores
Centro de Interese Nais e Pais
Ademais, convidámosvos a descubrir o centro de interese Nais e Pais , dispoñible en todas as nosas bibliotecas. Este espazo creouse como un valioso recurso de apoio ás familias na atención e na educación.
Cómo participar
Onde e cando
Lugar | Día | Hora | Frecuencia | Prazas |
Biblioteca Os Rosales | xoves | 18.30h | Mensual | 8-12 |
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible