As Bibliotecas Municipais, en colaboración coa Asociación querENDO, Mulleres con Endometriose, informamos e visibilizamos o Día da Hixiene Menstrual con charlas informativas e recursos bibliográficos dispoñibles para consultar ou levar en préstamo.
Os problemas de hixiene menstrual xeran discriminación e estigmatización de millóns de mulleres.
A menstruación debe de ser entendida como un proceso biolóxico para que as persoas que menstruan non sexan renegadas e excluídas. E tampouco teñan que sentir medo nin vergoña e non sexan tratadas de forma inferior, nin expostas a máis vulnerabilidades.
Dende as bibliotecas promovemos e garantizamos o dereito de acceso á información e ao coñecemento, permitindo que as persoas tomen decisións informadas e poidan mellorar as súas vidas. O acceso público á información saúde e benestar nas bibliotecas públicas permite axudar ás persoas e ás familias a manterse saudables.
FALADOIROS
SELECCIÓN DE RECURSOS INFORMATIVOS NAS BIBLIOTECAS
En todas as nosas bibliotecas temos a disposición da cidadanía libros informativos sobre hixiene e saúde menstrual. A maiores contamos cunha sección, co nome Rompendo Regras, un novo centro de interés/sección disponible en tres das nosas bibliotecas. Toma o seu nome do Laboratorio de Participación cidadá en prol dunha menstruación digna e ecosaudable, do Grupo de Igualdade da Facultade de Ciencias da Educación da UDC.
Bibliotecas que contan coas sección Rompendo Regras
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible