Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

FALADOIRO: Libros, menstruación e endometriose

Por tipo de actividade:

Charlas e debates

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

A quen vai dirixido?:

Público adulto e mocidade

Cando:

25/05/2023

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

19 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Monte Alto. Rúa Vereda del Polvorín 2-4, 3º. 15002 A Coruña

Contacto:

Documentos:

Cartaz_Faladoiro_MA.pdf (5 MB)

As Bibliotecas Municipais, en colaboración coa Asociación querENDO Mulleres con Endometriose, informamos e visibilizamos o Día da Hixiene Menstrual (28 de maio) con charlas informativas e recursos bibliográficos dispoñibles para consultar ou levar en préstamo.

Libros, menstruación e endometriose é un faladoiro que pretende crear un espazo para compartir dúbidas e lecturas para a abordaxe da endometriose e a saúde menstrual. Contará coa presenza de Verónica Ramilo da  Asociación querENDO Mulleres con Endometriose.

Os problemas de hixiene menstrual xeran discriminación e estigmatización de millóns de mulleres. A menstruación debe ser entendida como un proceso biolóxico para que as persoas que menstrúan non sexan renegadas nin excluídas e non teñan que sentir nin medo nin vergoña.

En todas as nosas bibliotecas temos a disposición da cidadanía libros informativos sobre hixiene e saúde menstrual. Nas bibliotecas de Durán Loriga, Monte Alto e Rosales temos, ademais, a sección "Rompendo Regras", un centro de interés que toma o seu nome do Laboratorio de Participación cidadá en prol dunha menstruación digna e ecosaudable, do Grupo de Igualdade da Facultade de Ciencias da Educación da UDC.

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión